Conferencia Internacional de Educación
Conferencia celebrada dende 1934 por iniciativa do Bureau International d’Éducation (BIE, Oficina Internacional de Educación), con sede en Xenebra. Creado como un foro de diálogo entre os ministerios de Educación, coñeceuse ata 1969 como Conferencia Internacional de Instrución Pública. En 1960, o BIE integrouse na UNESCO. A partir de 1971, esta conferencia celébrase en anos impares, alternando coa Conferencia Xeral da UNESCO, que se reúne en anos pares. En cada CIE hai un tema central de estudo que, unha vez tratado, dá lugar a unha serie de recomendacións dirixidas aos diversos ministerios de Educación. A súa función principal é a de servir como centro internacional de educación comparada. Cada estado membro envía á CIE un informe sobre o movemento educativo do seu país, documentos que pasan a ser estudiados e investigados polos diferentes membros da organización.