"Hel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 558.

  • Recipiente esférico, con dúas aperturas, de xeito que aplicando á orella se poden escoitar, cun notable aumento de intensidade, os sons de frecuencia igual á frecuencia característica de vibración da masa de aire contido no recipiente. A frecuencia de resonancia depende das dimensións da cavidade e da velocidade de propagación do son. Como filtro de cavidade resoante pertence ao grupo dos filtros denominados silenciadores activos usados no control dos ruídos pola súa capacidade de absorber vibracións das baixas frecuencias nun rango de frecuencias moi selectivo. Utilízanse nos sistemas de transporte de gases onde as pas dos ventiladores xeran ruído de baixa frecuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría segundo a que, cando un metal ou calquera substancia se disocia en ións ou se somerxe nun disolvente, créase unha diferenza de potencial entre o disolvente e a parte de metal ou substancia que aínda non se disolveu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade causada pola presenza de helmintos nos organismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos helmintos.

    2. Aplícase aos medicamentos empregados contra os helmintos intestinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de organismos moi abundante na natureza, que non constitúen un grupo monofilético, xa que baixo este termo se inclúen representantes de catro filos que non están relacionados filoxeneticamente: platihelmintos, acantocéfalos, nematodos e anélidos. Caracterízanse por ser metazoarios, macroparasitos e de aspecto vermiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que estudia os helmintos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da zooloxía que trata do estudo e a descrición dos helmintos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos helmintos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade das plantas, xeralmente das especies de pasto, producida por fungos do xénero Helmintosporium. Caracterízase pola aparición de manchas na follaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casco que formaba parte da armadura de guerra que cubría a cabeza e o rostro. Constaba de tres pezas: o morrión que cubría a cabeza, a viseira para protexer a parte superior da cara, e a babeira, para gardar a queixada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Brabante Setentrional, Países Baixos (70.574 h [1992]). É un núcleo da industria téxtil e alimentaria, especialmente na elaboración de cacao e chocolate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico, fisiólogo e médico belga. Coñecido polos seus experimentos sobre o crecemento das plantas e porque foi o que propuxo formalmente a teoría da xeración espontánea. Descubriu a existencia de fluídos aéreos, que denominou gases, e identificou o dióxido de carbono. Experimentando con area e facéndoa reaccionar con álcali e posteriormente con ácido, demostrou que sempre se conservaba a masa e que en certas reaccións se libera gas, fundamentando a Lei da conservación da masa. Foi o primeiro en aplicar principios químicos nas súas investigacións sobre a dixestión e a nutrición para o estudo de disfuncións fisiolóxicas polo que se considera o pai da bioquímica. Postumamente foi publicado o seu libro de obras completas Ortus medicinae (1648).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘lamazal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás helobiais.

    2. Planta da orde das helobiais.

    3. Orde de monocotiledóneas integrada por plantas herbáceas acuáticas, de auga doce ou mariña, que presentan as follas frecuentemente estipuladas e as flores regulares, con tres pétalos. O ovario contén moitos óvulos. O froito pode ser un folículo, unha pequena baga ou ben un froito seco e indehiscente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos helociais.

    2. Fungo da orde dos helociais.

    3. Orde de ascomicetos da subclase dos discomicetos, con aparatos esporíferos xeralmente pediculados e con ascos provistos dun anel apical amiloide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos helódidos.

    2. Coleóptero da familia dos helódidos.

    3. Familia de coleópteros de pequeno tamaño, oblongo de cor vermella. Viven fundamentalmente en plantas de zonas pantanosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos helófitos ou ás comunidades onde habitan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta anfibia que vive coa parte inferior, as raíces, cuberta de auga e a superior situada por riba da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de carnívoros terrestres de mediano e pequeno tamaño pertencente á familia dos herpéstidos que inclúe a todas as mangostas. Son especies de hábitos diúrnos. Son orixinarios de climas cálidos. Habitan os buratos das árbores, covas, gretas ou tobeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo feminino Eloísa ( Eloi/Eloísa).

    VER O DETALLE DO TERMO