Helmholtz, resoador de
Helmholtz, resoador de
s
m
[TECNOL]
Recipiente esférico, con dúas aperturas, de xeito que aplicando á orella se poden escoitar, cun notable aumento de intensidade, os sons de frecuencia igual á frecuencia característica de vibración da masa de aire contido no recipiente. A frecuencia de resonancia depende das dimensións da cavidade e da velocidade de propagación do son. Como filtro de cavidade resoante pertence ao grupo dos filtros denominados silenciadores activos usados no control dos ruídos pola súa capacidade de absorber vibracións das baixas frecuencias nun rango de frecuencias moi selectivo. Utilízanse nos sistemas de transporte de gases onde as pas dos ventiladores xeran ruído de baixa frecuencia.