Helmholtz, función de

Helmholtz, función de
[FÍS]

Función termodinámica F definida pola ecuación F = U - TS, onde U é a enerxía interna, T a temperatura absoluta e S a entropía. Denomínase tamén enerxía libre de Helmholtz e, cando un sistema sofre unha transformación isotérmica reversible, a correspondente diminución da función de Helmholtz é igual ao traballo total efectuado polo sistema.