Helmholtz, Hermann von

Helmholtz, Hermann von

Físico alemán. Estudiou medicina en Berlín, impartiu anatomía na academia de Belas Artes de Berlín (1848), fisioloxía nas universidades de Königsberg (1849), Bonn (1855) e Heidelberg (1858). Destacou por apoiar e desenvolver a incipiente teoría da conservación da enerxía proposta por Mayer. En 1852 logrou medir a velocidade de transmisión do impulso nervioso e os tempos de reacción. Na súa actividade como fisiólogo realizou importantes descubrimentos sobre a vista e o oído. Inventou o oftalmoscopio, espectrofotómetro e o telestereoscopio, estableceu a fórmula coñecida en óptica como invariante de Helmholtz. Na óptica xeométrica, determinou o límite de potencia dos microscopios ópticos. Explicou a derivación da percepción das cores por combinación das tres cores primarias, formulada inicialmente por Young. Na acústica fisiolóxica fixo un estudo da natureza e calidades do son realizando experimentos sobre combinacións de sons, harmonías e discordancias. Inventou o resoador que leva o seu nome. En 1860 iniciou estudios hidrodinámicos, electrodinámicos e termodinámicos así como outros relacionados coa teoría ondulatoria e do potencial. Prediciu a estrutura atómica da electricidade e a existencia das ondas de radio. Creou a meteoroloxía científica grazas ao emprego de métodos físicos de observación. Entre todas as súas obras destaca Manual de óptica fisiolóxica (1856-1866) e Teoría da sensación total.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Potsdam

  • Deceso

    Lugar : Charlottenburg