"ILE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
-
PERSOEIRO
Marchante e tratadista de arte. En 1907 abriu en París a súa primeira galería. Relacionouse cos fauves e descubriu e promocionou a Van Dongen, Picasso, Braque, Juan Gris, Léger e Manolo Hugué. En 1920 abriu a Galeria Simon (despois Louise Leiris) e comprometeuse con diversos artistas, como Henri Laurens e André Masson. Foi o máximo difusor do cubismo. Escribiu Der Weg zum Kubismus (1920), Juan Gris (1943) e Mes galeries et mes peintres (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
(Indianola, Mississippi 1925) Guitarrista estadounidense. Coñecido como B. B. King, está considerado como un dos máis destacados intérpretes de blues. Evolucionou desde un blues individual e folclórico cara a un rythm and blues instrumental, xénero do que foi un dos maiores impulsores e ao que lle deu unha gran popularidade. Destacan os discos Indianola Mississippi Seeds (1989), Take it Home (1998) ou Reflections (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Arquipélago de Rusia, na oblast’ de Sakhalin, situado entre a illa de Hokkaidō, Xapón, e a península de Kamčatka (15.600 km2 e 1.200 km de lonxitude). Está formado por máis de trinta illas e illotes, de orixe volcánica. O relevo é montañoso, e a máxima altitude acádase no monte Alaid (2.339 m alt). Colonizadas polo rusos no s XVIII, Xapón anexionou o arquipélago entre 1855 e 1875 e permaneceu no seu poder ata a fin da Segunda Guerra Mundial. Pola Conferencia de Crimea (1945), as illas volveron á URSS pero Xapón reivindicou a posesión das catro illas meridionais. A comezos da década de 1990 Xapón incrementou a presión diplomática para recuperalas e desde 1992 prestoulle axuda económica ao goberno ruso para acadar a súa devolución.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar libanés. Despois dos Acordos de Paz de Tā’if (1989), foi nomeado comandante en xefe das forzas armadas. Respaldado polo presidente sirio Palatino; Ḥ āfiz al-Assad, e co apoio maioritario da Asemblea de Representantes, foi elixido presidente da República do Líbano o 24 de novembro de 1998.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma desde a que se lanzan proxectís guiados do tipo mísil. Poden ser terrestres, de asentamento fixo ou móbil, con vehículos lanzamísiles, navais (en barcos ou submarinos) e aéreos (avións e helicópteros).
-
PERSOEIRO
Químico francés. Colaborou no establecemento dos fundamentos da análise espectroscópica. Descubriu o samario, o galio o holmio e mailo disprosio, e considérase un dos fundadores da electroscopia. É autor de Spectres lumineux destinés aux recherches de chimie minérale (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro agrónomo e profesor. Foi director do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, director xeral de Estruturas e Desenvolvemento Rural e Agricultura na Xunta de Galicia, vogal do Consello Rector do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria e xerente do Consorcio da cidade de Santiago. Das súas obras destaca Interpretación de análises de suelos (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e lexicógrafo. Traduciu as obras de Hipócrates e continuou a obra filosófica de Auguste Comte. Fundou a Revue de Philosophie Positive (1867) e escribiu Historie de la langue française (1862) e Ditionnaire de la langue française (1863-1873) en catro volumes e un de suplemento (1877) que incorpora o léxico da lingua francesa clásica (ss XVII-XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de macilento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten aspecto pálido e delgado.
-
-
Relativo ou pertencente a Madrid ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Madrid.
-
-
REXIÓNS
Rexión de Chile (132.034 km2;158.907 h [estim 2001]). A capital é Punta Arenas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Bielorrusia, situada á dereita do Dniéper (371.254 h [1999]). Ten industrias metalúrxicas, de automóbiles e químicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Bielorrusia (29.100 km2; 1.246.800 h [estim 1997]). A capital é Mahilëu.
-
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. A súa obra reflicte un carácter moi crítico coa sociedade do seu país. Da súa produción destacan The Naked and the Dead (1948), The Deer Park (1955), An American Dream (1965), Why are We in Vietnam? (1967), Existential Errands (1975), The Executioner´s Song (1979), Ancient Evenings (1983), Harlot´s Ghost (1992) e The spooky art (2003). Realizou unha biografía sobre Marilyn Monroe e outra sobre Henry Miller, titulada Genius and Lust (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte. Foi defensor dunha postura iconográfica estrita, que fai da obra de arte un documento secundario e da idea ou o personaxe que representa, o verdadeiro suxeito de estudio. Centrouse na análise do momento medieval, sobre todo o gótico. Da súa produción destacan L’art religieux du XIII siècle en France (1899), L’art religieux de la fin du Moyen Âge en France (1908) e Arts et artistes du Moyen Âge (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Manila ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Manila.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ebúrneo.