"López" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 371.
-
PERSOEIRO
Actriz e cantante. Coñecida como Raquel Meller, fixo unha brillante carreira na modalidade de café-concerto. En 1919 debutou en París, e logo deu o salto ao cine, en filmes como La gitana blanca (1919) ou Carmen (1926). Participou en revistas como La violetera (1940-1941) e Campanas de Viena (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Influída pola pintura alemá de entreguerras, practicou un figurativismo con elementos expresionistas. Destacou na representación da figura humana núa, en obras caracterizadas pola ausencia de debuxo e a pincelada ampla. Da súa obra destaca Recapacitando (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Lingüista e historiador da literatura. Participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista (1931). Especializado en lingüística galega e na obra de destacados autores galegos e portugueses, escribiu Alfonso Álvarez de Villasandino, poeta gallego del Cancionero de Baena (1940) e Bibliografía Hispánica (1957); elaborou unha edición literaria da General Estoria. Versión gallega del siglo XIV (1963) e publicou La literatura gallega en el exilio (1976). Membro do padroado da Fundación Otero Pedrayo, do padroado da Universidade de Santiago de Compostela e membro asesor do Consello de Cultura Galega, foi elixido membro da Real Academia Galega (1976). Recibiu a Medalla Castelao en 1984.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Coñecida como Mabel Mato, desde as súas primeiras obras buscou a fusión entre a obra escrita e o formato audiovisual. Delas destacan Os señores da palabra (1991), Leda vai a nao: Fermín Bouza-Brey (1992), a recompilaciónde artigos de Álvaro Cunqueiro O reino da chuvia (1992) e o guión do vídeo Memoria de rosas: a ruta de Rosalía de Castro (1992), producido por Ophiusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Director xeral de Caixa Galicia desde 1981, foi director xeral da Caja General de Ahorros de Ferrol (1977-1978) e profesor das universidades de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid. É presidente da Corporación Caixa Galicia, de ENCE, do Grupo Ahorro Corporación Financiera, e vicepresidente primeiro de CASER (Caja de Seguros Reunidos), de Unión Fenosa e da Fundación Caixa Galicia. Ademais de conselleiro de diversas compañías e membro de varias fundacións como o Consello Universitario de Galicia, recibiu a Medalla Castelao (1999) e a distinción Grelo de Ouro (2002), e foi doutor honoris causa pola Universidade da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Diplomático e político. Cofundou con Enrique Tierno Galván o Partido Socialista del Interior en 1967, refundado como Partido Socialista Popular en 1974. Foi ministro de Asuntos Exteriores no primeiro goberno de F. González (1982-1985) e xestionou o ingreso de España na CEE. Representante de España na ONU (1985-1987), foi deputado no Parlamento Europeo en 1987, 1989 e 1994. Foi candidato á alcaldía de Madrid en 1998. Das súas obras destaca
VER O DETALLE DO TERMO
Revolución y tradición en África
(1971),
Una política exterior para España: una alternativa socialista
(1980),
España en su sitio
(1990) e
Polimpsesto amodo de memoria
(2002). -
GALICIA
Escritora. Licenciada en Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, realizou a súa tese de doutoramento sobre o tema do Camiño de Santiago, da que publicou Activación patrimonial e ritualización no proceso de revitalización do Camiño de Santiago (2001). Colaboradora da revista Encrucillada, é tamén autora de Vivir o camiño, revivir a historia (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Caracterizouse como un artista conceptual. Empregou a sobriedade nas cores e o xeometrismo para definir os espazos, con trazos e liñas secantes, de gran simplicidade e beleza. Destaca El Cairo (1999-2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Coñecido como Antonio Murado, as súas pinturas movéronse entre a figuración expresionista e a abstracción, incluíndo o tratamento de xéneros artísticos tradicionais, que se reflectiron nas series Árbores, Marañas ou Perspectivas. Nos seus lenzos, de gran formato, as figuras, paisaxes e naturezas mortas representan unha excusa para a investigación continua sobre a percepción e a representación. Destaca o seu lenzo Susana e os vellos (1989) e as súas ilustracións nos libros Bestiario de descontentos e De soños e derribos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guionista, escritor e xornalista. Arqueólogo de formación, foi reporteiro de guerra nos Balcáns e en Xerusalén, ocupou distintos cargos na Autoridade Nacional Palestina e traballou como correspondente para Europa Press, Radio France Internationale e El Mundo. Presidente da Asociación Galega de Guionistas, fixo unha ducia de guións para documentais, series de televisión como Mareas Vivas e Pratos Combinados e películas como La Ley de la Frontera (1995) e Finisterre (1998). É autor de obras en case todos os xéneros literarios, publicou novelas como Metamorfosis benezianas (Premio Café Gijón, 1983), os libros de relatos Memoria de derribos (1987), Ruído, relatos de guerra (1995) e Mércores de cinza (1997), os libros de poemas Bestiario dos descontentos (1986), Lapidario dos heterodoxos (accésit no IX Premio Esquío 1990) e Lapidario (2004), e dous textos dramáticos, A grande noite...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arqueólogo. Especializouse no comercio marítimo no NO peninsular en época prerromana e romana. Realizou as escavacións arqueolóxicas da praza de María Pita en 1985 e escribiu, entre outras, El Comercio antiguo en el N.W. peninsular: lectura histórica del registro arqueológico (1991), El Golfo Artabro: arqueología e historia del gran puerto de los Galaicos Lucenses (1994) e Catoira na historia (2002).
-
PERSOEIRO
Político e médico. Especializado en fisioloxía, en 1922 obtivo unha cátedra na Universidad de Madrid. Durante a Ditadura de Primo de Rivera, ingresou no PSOE, e en 1931 foi elixido deputado. Durante a Guerra Civil Española foi ministro de Facenda e Economía no goberno de Largo Caballero (1936-1939). Desde este cargo reorganizou a economía de guerra e ordenou o traslado a URSS dunha gran parte das reservas de ouro do Banco de España. Coa dimisión de F. Largo Caballero, foi nomeado primeiro ministro (1937-1939) e posteriormente ministro de Defensa Nacional (1938-1939). Condicionado pola evolución da guerra, en outubro de 1937, decidiu o traslado do goberno a Barcelona. En febreiro de 1939, coa caída de Catalunya, exiliouse. Foi presidente do goberno republicano no exilio ata 1946.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Colaborador habitual de Grial, Nordés e La Voz de Galicia, da súa produción destacan 19 poemas e O mar perdido (1990). Gañou o Premio Rozas de Xornalismo (1987), o Premio Xosé María Chao Ledo (1991) e o XII Premio Esquío de Poesía (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Estudou nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, e realizou o doutoramento na de Barcelona, despois de completar os seus estudos en EE UU. Chegou ao grao de coronel dentro do corpo de sanidade do exército do aire. Ademais de colaborar con El Progreso de Lugo, é autor de varias publicacións, como Manual de conversación inglés-español (1963), a súa tese doutoral Evolución histórica de la medicina aeronáutica (1971) e Evolución histórica de la medicina naval (1989). Recibiu a Cruz del Mérito Naval de primeira clase con distintivo branco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Cronista político para Fax Press, dirixiu o xornal Ya e foi xefe de informativos nas cadenas SER e COPE. Foi director xeral de Onda Cero en dúas épocas, a última entre xullo de 2000 e xaneiro de 2002, tamén presentador e director de espazos informativos en TVE, TELE 5 e Antena 3 Televisión, ademais de director editorial de Telefónica Media. É autor de Santiago de Compostela, ciudad patrimonio de la humanidad de España (1997), en colaboración con Xosé A. Perozo, e Rumbo variable: ; diálogos en torno al “Prestige” (2003), con outros autores. Recibiu o Premio Galicia de Comunicación (1992), a Antena de Oro (1995), dous premios Ondas (1979 e 2000) e a Medalla Castelao (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi gobernador civil de Zamora (1979-1982) e de Bizkaia (1982), inspector xeral de servizos do Ministerio do Interior (1984-1993) e director xeral de Política Interior (1996-2004). Foi fundador e director da revista Quintana (1962), e publicou numerosas monografías sobre temática socio-política en diversas revistas e publicacións xurídicas especializadas. Escribiu Los Judíos en el Reino de Galicia (1981), Odoario el Africano. La colonización de Galicia en el siglo VIII (1988), José María Díaz Sanjurjo. Un gallego en Vietnam (1991), El enigma de José An (1991) e El promontorio de los claveles marinos (1999). Recibiu a Encomienda de Número al Mérito Civil (1977) e a Medalla de Prata da Real Orden del Mérito Deportivo (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e realizou estudos de gravado con J. Núñez. As súas obras caracterízanse polo debuxo firme que presenta obxectos case escultóricos. Cultivou a temática da muller, a música, a mitoloxía e os rituais relixiosos. Ten obra na Colección Caixanova e no Museo Provincial de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Director xerente do Grupo El Progreso. Foi redactor na cadea SER, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego para logo centrar a súa carreira na cadea COPE, en Santiago de Compostela, onde foi redactor xefe, director e director rexional en Galicia, Asturias e Cantabria. En 1997 substituíu a Xesús Pérez Varela como secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos, na Xunta de Galicia, cargo que abandonou en xaneiro de 2003 para reincorporarse en marzo dese ano ao seu anterior cargo como director rexional da COPE.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ornitólogo. Recolleu as distintas denominacións que reciben certas especies de aves en Galicia, en colaboración con X. M. Penas Patiño. Das súas publicacións destaca a Guía de aves de Galicia (1980), primeira obra de aves en galego; e Aprendendo coas aves (1995). Tamén publicou artigos na revista Verba, como “Nomes galegos do Erithacus rubecula e do Troglodytes troglodytes”, sobre o nome galego das aves. Foi membro fundador da Sociedade Galega de Historia Natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña (1991), foi director do departamento de Dereito Privado (1991-1999) e, desde 1999, decano da facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Escribiu La Acción subrogatoria: finalidad y consideración de su naturaleza como aspecto de un derecho real de garantía: valoración crítica de la moderna doctrina italiana (1977) e Concepto del derecho real: (revisión crítica de su caracterización en la doctrina moderna) (1998).
VER O DETALLE DO TERMO