Murado López, Miguel Anxo
Guionista, escritor e xornalista. Arqueólogo de formación, foi reporteiro de guerra nos Balcáns e en Xerusalén, ocupou distintos cargos na Autoridade Nacional Palestina e traballou como correspondente para Europa Press, Radio France Internationale e El Mundo. Presidente da Asociación Galega de Guionistas, fixo unha ducia de guións para documentais, series de televisión como Mareas Vivas e Pratos Combinados e películas como La Ley de la Frontera (1995) e Finisterre (1998). É autor de obras en case todos os xéneros literarios, publicou novelas como Metamorfosis benezianas (Premio Café Gijón, 1983), os libros de relatos Memoria de derribos (1987), Ruído, relatos de guerra (1995) e Mércores de cinza (1997), os libros de poemas Bestiario dos descontentos (1986), Lapidario dos heterodoxos (accésit no IX Premio Esquío 1990) e Lapidario (2004), e dous textos dramáticos, A grande noite de Fiz (1992) e Historias peregrinas (1994). Recibiu o Premio Carlos Velo de Guiones Cinematográficos (1991, 1992 e 1994) e o Premio San Clemente de Narrativa (1997).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lugo