"MIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 424.

    1. Relativo ou pertencente aos mítridos.

    2. Molusco da familia dos mítridos.

    3. Familia de moluscos, da clase dos gasterópodos, á que pertence o xénero Mitra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de mitra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra, pianista e compositor. Discípulo de Gilson e Busoni, dirixiu a orquestra de Minneapolis (1936-1949) e a Filharmónica de Nova York (1950-1958). Compuxo a ópera Soeur Béatrice (1920), música de cámara, dúas traxedias de Eurípides e un concerto (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos ascomicetos, da familia das xeoglosáceas, que teñen forma de maza e presentan unha cabeza alongada e laranxa. En Galicia atópase durante o outono ou o inverno en zonas de brañas, turbeiras, marxes de regos ou bosques moi húmedos a especie M. papudosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Descubriu o fenómeno do isomorfismo (1819), ao observar que os fosfatos e os arseniatos dun mesmo metal poden adquirir a mesma forma cristalina. En 1826 ideou procedementos axeitados para determinar directamente os pesos atómicos dos elementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que establece que as substancias que cristalizan en formas isomórficas, é dicir, que teñen formas cristalinas idénticas e poden producir cristais mixtos, teñen unha composición química semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conglomerado industrial xaponés de grande importancia. Creado na primeira metade do s XIX, contribuíu dun xeito decisivo ao desenvolvemento do capitalismo xaponés. Dedicouse inicialmente ao transporte marítimo e, arredor de 1890, fíxose cargo dos estaleiros de Nagasaki. Antes da Segunda Guerra Mundial chegou a ser unha das catro principais zaibatsu de Xapón. Disolveuse en 1946 e reapareceu en 1952, co nome de Fiji Trading Company. Integra empresas de sectores moi diversos, todas elas catalogadas dentro das primeiras empresas do sector a escala mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria xaponesa, creada en 1880, con domicilio social en Toquio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mitsukurínidos.

    2. Peixe da familia dos mitsukurínidos.

    3. Familia de peixes condritios, da orde dos lamniformes, que se caraterizan por presentar un fociño longo, a aleta caudal moi longa e a segunda aleta dorsal e a anal moi desenvolvidas. Viven en augas profundas de mares tropicais e temperados. O único representante vivo desta familia é Mitsukurina owstoni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático sueco. Profesor nas universidades de Uppsala, Helsinqui e Estocolmo, destacou polas súas contribucións á análise matemática e polo seu labor pedagóxico, especialmente a través das Acta Mathematica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra escrita por Vicente Risco e publicada pola editorial Nós en 1934. Trátase dun diario de viaxe que se editara previamente a través de varias entregas na revista Nós e onde o autor narra parte das súas experiencias vividas en Europa Central ao redor de 1930. Este libro, que se centra fundamentalmente en Alemaña, contén, ademais da narración do camiño percorrido e dos principais elementos físicos que vai descubrindo o autor, unha serie de impresións, teorías e críticas, tales como a inmoralidade do negocio do turismo, a uniformidade da xuventude, a mecanización da realidade e o materialismo das clases sociais, que Risco divide entre capitalistas e obreiros. Todas estas ideas redundan nun principio que marcará gran parte da súa obra posterior, a teoría sobre a decadencia de Occidente e a perda da súa esencia espiritual. Ademais, considera que para que Galicia acade a súa propia conciencia precisa da antiga clase señorial, a fidalguía, xa que na nova realidade social que el atopa só observa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle navegable de Alemaña, de 323 km de longo. Vai en dirección O-L, desde a canle de Dortmund-Ems, en Bevergen, ata o Elba, ao N de Magdeburg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Doutor en Dereito, formou parte, entre 1947 e 1957, de diversos gobernos da Cuarta República e, ao se constituír o renovado Parti Socialiste (1971), pasou a ser o secretario xeral. En 1981 acadou o cargo de presidente da república, co apoio do conxunto da esquerda. Aplicou un programa de corte social, que foi en parte revisado en 1983 a raíz da crecente inflación, pero, coa introdución de medidas de austeridade, perdeu o apoio comunista. A derrota socialista nas eleccións lexislativas de 1986 obrigouno a gobernar cunha Assemblée Nationale dominada pola oposición. Reelixido nas presidenciais de 1988, mantivo o cargo ata 1995, en que foi sucedido por Jacques Chirac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Asinou as súas obras en castelán como Luis Michelena. Foi catedrático de Lingüística Indoeuropea na Universidad de Salamanca e de   Lengua e Literatura Vasca e Lingüística Indoeuropea na Universidad del País Vasco. Está considerado un especialista da lingua vasca e baixo a súa dirección levouse a cabo o proceso de normalización do éuscaro que deu como resultado o chamado euskara batua(‘éuscaro unificado’), un modelo de lingua baseado na tradición literaria central (guipuscoano-navarro-labortana). Da súa produción destacan Historia de la literatura vasca (1960), Fonética histórica vasca (1961) e Sobre el pasado de la lengua vasca (1964). Realizou o Dicionario general vasco, a súa grande obra, xunto con Ibon Sarasola, do que se publicou o primeiro volume en 1987. A selección da súa obra en éuscaro foi recollida en Mitxlelenaren idazlan hautatuak (Obras escollidas de Mitxelena, 1972). Foi membro da Euskaltzaindia e membro correspondente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor de educación física canadense. Foi profesor na YMCA Training School de Springfield, Massachusetts (1891) e buscou unha actividade para desenvolver nun recinto cuberto cando o mal tempo non permitía practicar deporte ao aire libre. Así, colocou unhas canastras que se empregaban para recoller pexegos a 3,05 m altura, onde había que meter un balón, o que deu lugar ao baloncesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización para a investigación aeronaútica creada en EE UU en 1915 por Willian Frederick Durand. Contribuíu ao desenvolvemento da técnica aeronaútica. En 1958 foi absorbida pola National Aeronautics and Space Administration.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos neocomítidos.

    2. Molusco fósil da familia dos neocomítidos.

    3. Familia de moluscos cefalópodos fósiles, semellante á dos ammonítidos, que viviron no Valanxiniano e Hauteriviano (Cretáceo Inferior).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación superficial da pel que produce un picor intenso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante estadounidense. Xefe supremo da frota do Pacífico durante a Segunda Guerra Mundial, foi un dos artífices da vitoria. Dirixiu o Estado Maior xeral de operacións navais de 1945 a 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á República Democrática do Vietnam ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da República Democrática do Vietnam.

    VER O DETALLE DO TERMO