"Martin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
PERSOEIRO
Actor. Participou na creación da compañía Troula e traballou nos espectáculos O velorio (1978), Pedro Madruga (1980) e Tres (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Pancho, incorporouse á guerrilla en 1948 e participou nas accións que realizou a IV Agrupación de Guerrillas. Pertenceu ao comité rexional do Partido Comunista (1949-1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director. Coñecido como Chete Lera, iniciou a súa carreira en 1978 en grupos de teatro independentes. A partir de 1992 participou nos espectáculos da compañía La Carnicería Teatro, coa que puxo en escena obras de Shakespeare e Peter Handke. Participou en numerosas películas, entre as que destacan La ardilla roja (1993), Secretos del corazón (1997), Abre los ojos (1997), Barrio (1998), Finisterre, donde termina el mundo (1998), Arde, amor (1999), Plenilunio (2000), Smoking Room (2002) e La promesa (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Influída pola pintura alemá de entreguerras, practicou un figurativismo con elementos expresionistas. Destacou na representación da figura humana núa, en obras caracterizadas pola ausencia de debuxo e a pincelada ampla. Da súa obra destaca Recapacitando (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Lingüista e historiador da literatura. Participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista (1931). Especializado en lingüística galega e na obra de destacados autores galegos e portugueses, escribiu Alfonso Álvarez de Villasandino, poeta gallego del Cancionero de Baena (1940) e Bibliografía Hispánica (1957); elaborou unha edición literaria da General Estoria. Versión gallega del siglo XIV (1963) e publicou La literatura gallega en el exilio (1976). Membro do padroado da Fundación Otero Pedrayo, do padroado da Universidade de Santiago de Compostela e membro asesor do Consello de Cultura Galega, foi elixido membro da Real Academia Galega (1976). Recibiu a Medalla Castelao en 1984.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e químico. Foi membro do consello de administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (1984-1986) e gobernador civil de Pontevedra (1986-1987). Foi nomeado conselleiro de Traballo e Servicios Sociais da Xunta de Galicia (1987-1990) e deputado no Parlamento de Galicia (1990-1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Adestrador de baloncesto. Dirixiu diversos equipos femininos, como o R.C. Celta, o Coronas de Tenerife e o Bosco de Vigo, co que ascendeu a Primeira División. Foi campión de España co R.C. Celta (1979-1980) e acadou a fase final da Copa da Raíña co Coronas de Tenerife.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo. Catedrático de Filosofía na Universitat de Barcelona desde 1986 e especialista en historia da filosofía, estética e filosofía da cultura, desenvolveu un labor de relectura das tradicións grega e moderna. Investigou a historia da filosofía e as súas conexións coa linguística e a filoloxía, sobre todo da antiga Grecia e da Idade Moderna. Das súas obras destacan Ensaios marxistas (1978) e (Re)introdución ao marxismo (1980) que son unha das primeiras reflexións filosóficas que se redactaron en galego. Traduciu do grego ao galego Antígona de Sófocles (1976), e do alemán ao castelán o libro de I. Kant La religión dentro de los límites de la mera razón (1969). Das súas obras destacan Historia de la filosofía (1973), De la revolución (1976), Ensaios marxistas (1978), Releer a Kant (1989), De Grecia y la Filosofía (1990), Cálculo y ser: aproximación a Leibniz (1991), De Kant a Hörderlem (1992), Ser y diálogo: leer a Platón...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Ingresou na Academia de Infantería (1858) e foi xeneral de Brigada (1890). Participou nas guerras de África e Cuba. Escribiu Breves apuntes sobre el establecimiento de las colonias penitenciarias agrícolas en la isla de Mindanao (1870) e La razón de la guerra (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor barroco. Coñecido como Juan Montañés, foi discípulo de Pablo de Rojas, en Granada. Cara a 1587 desprazouse a Sevilla, onde estableceu o seu propio taller. Para a catedral desta cidade recibiu encargos como o Cristo de la Clemencia ou Crucifijo de los Cálices (1603) e Niño Jesús (1607). De 1612 foi o Cristo con la cruz a cuestas, para a igrexa de San Salvador de Sevilla e en 1620 remata o retablo, -do que destaca o san Jerónimo (1911)- do mosteiro de San Isidoro del Campo en Santiponce. A partir deste momento reduciu a súa produción, pero incrementou a calidade, pois puxo un maior coidado nos volumes, incrementou os efectos de claroscuro e optou por unha maior complexidade compositiva, como se aprecia na Adoración de los pastores, que fixo para o retablo do convento de San Leandro de Sevilla, ou en imaxes de santos como san Francisco de Borja (1625). Outra obra importante desta época foi a Inmaculada (1629), para a catedral sevillana, na que insistiu en resaltar a humanidade da...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Coñecido como Rómulo Galíndez, escribiu en Grial o artigo “Sobre la emigración de Curros Enríquez”. Das súas obras destacan Íntimas: fragmento de una autobiografía e impresiones de un viaje (1903), Rasgos (1904), a colección de artigos Ráfagas (1905), Siluetas (1907) e Semblanzas raciales (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xeógrafo e escritor. Redactor da La Voz de Galicia, publicou artigos en numerosas revistas de historia e literatura. Da súa produción destacan Morfología del gallego, La lengua gallega (1918), La Coruña, capital de Galicia. Guía del turista (1926) e La Región Gallega. Notas geográfico-económicas (1936). En 1926 ingresou na Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e economista. Foi director da Escola de Comercio de Vigo, membro do Consello Económico Provincial e Nacional, e presidente da delegación galega do Instituto de Censores Jurados de Cuentas de España. Colaborou en diversos xornais e revistas, como La Voz de Galicia e Faro de Vigo, e asinou algunha das súas obras cos pseudónimos Emetrés ou Noezas. Publicou Ayer y hoy en la repoblación forestal, Teoría de los empréstitos, Problemas del cambio (1931) e Síntesis económica de Galicia (1958). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor uruguaio. Autor de obras narrativas, ensaios e crónicas de viaxes, os seus primeiros contos apareceron en 1944. Da súa produción destacan o relato extenso Los aborígenes (1960); as recompilacións de contos Los días por vivir (1960), Los prados de la conciencia (1968), Vida o muerte (1971) e La máscara (1977); e as novelas El paredón (1962), La otra mitad (1966) e El color que el infierno me escondió (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Doutor en Teoloxía, foi cóengo en Santiago de Compostela. Escribiu o tratado relixioso Patronato universal de los reyes de España (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e escritor. Considerado como un dos máis destacados historiadores e ideólogos do galeguismo do s XIX en Galicia, a súa obra tivo unha gran transcendencia na formación dos intelectuais e políticos galegos do s XX. Estudiou o bacharelato en Santiago de Compostela, onde frecuentou o Liceo de la Juventud, e en Ourense. En 1851, seguindo os desexos do seu pai, comezou os estudios de medicina e farmacia, que posteriormente abandonou, e trasladouse a Madrid. Na capital comezou a súa colaboración con diversas publicacións periódicas, como La Iberia e Las Novedades. Nesa época iniciaba tamén a súa faceta como escritor e publicaba, entre outras obras, os contos Luisa (1852) e Un can-can de Mussard (1853); as novelas Desde el cielo (1854), El regalo de boda (1855) e Don Diego Gelmírez (1859); os libros de viaxes Viaje pintoresco por la ría de Vigo (1855) e El castillo de Bayona de Galicia (1856), e unha ducia de poemas entre os que destaca “A nena das soidades”, o primeiro que escribiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Foi bispo de Huesca (1919-1922) e Vitoria-Gasteiz (1923-1927), e arcebispo de Santiago de Compostela (1927-1933). Apoiou os sectores políticos máis reaccionarios e opinaba que a Igrexa era consubstancial á monarquía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. É autor de numerosas novelas, relatos e textos dramáticos. No apartado dramático cómpre salientar Os algareiros (1976) e O cazador de perdices (1977), finalistas do Premio Abrente de Ribadavia. Da súa produción en prosa destacan A fuxida (1980), Un ano e un día (1980), A chamada escura dos caborcos (1981), finalista do Premio Blanco Amor de Novela, A espada na auga (1981), Beiramar (1983, Premio Blanco Amor de Novela), Os chapurros (1983), Os lóstregos e a carballeira (1986, Premio Casa de Galicia nas Palmas), Detrás do silencio (1986, Premio Manuel Casado Nieto), As florestas do Mañuema (1988), Un ano e un día (1990), Os culpables (1993), Diario de inverno (1994), Todo o peso do ceo (1997), Dos camiños de arrieiros aos pazos da Ulla (2000) e O tempo en ningunha parte (2003). Recibiu o Premio Modesto R. Figueiredo en 1976, 1977, 1978 e 1981.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e poeta. Formou parte da Academia Literaria de Santiago, fundou e dirixiu o semanario La Armonía e instituíu a Academia da Elocuencia Matritense. Da súa obra destacan o poema “A la Reina con motivo de su enlace con el Sr. Don Francisco de Asís” (1845), Suspiros del corazón (1845), Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia (1849) e composición en oitavas reais “A Galicia” (1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Dirixiu o Orfeón Burgalés (1929-1936) e a Escuela Municipal de Música de Burgos. Das súas obras destacan Sonata Castellana (1921), Poemas de Juventud (1923), Sonata Gallega (1926), Sonata para guitarra (1933), Colección de cantos populares burgaleses (1932) e El mozo de mulas (1936). Recibiu o Premio Nacional de Música por unha extensa e documentada Colección de Cantos Populares Burgaleses e o primeiro premio da Sociedade Filharmónica da Coruña (1927) por Sonata Gallega.
VER O DETALLE DO TERMO