"RCA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 608.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en Ferrol en 1935, que recuperaba a organización da Juventud Libertaria de Ferrol (1933), desmantelada tralos sucesos de outubro de 1934. O primeiro grupo libertario xuvenil de Ferrol xurdira a finais de 1913 co nome de Juventud Libertaria e durante a Segunda República este movemento acadou certo nivel de organización. En decembro de 1935 incorporóuselle a Juventud Libertaria de Mugardos. A súa actuación estivo vinculada á da CNT e, ademais da súa participación no sindicalismo, os grupos libertarios xuvenís destacaron polo seu traballo cultural e propagandístico, a través de mitins e conferencias que se celebraban tanto en Ferrol como noutras poboacións da comarca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en Betanzos a comezos de 1932. Un ano máis tarde, integraba dez sociedades dos concellos de Betanzos, Bergondo (Lubre e Guísamo), Sada (Soñeiro, Carnoedo, Meirás, Mondego e Sada) e Oza dos Ríos (Mondoi e Porzomillos) que representaban 580 afiliados. Durante a Fronte Popular dividiuse nas homólogas de Sada e de Betanzos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo confederal composto por dez sindicatos agrarios, de oficios varios, dos concellos de Carballo (Berdillo, Goianes, e Sofán), Coristanco (Erbecedo), Cabana (Nantón e Neaño), Ponteceso e Laracha (Golmar, Vilaño e Cabovilaño) afiliados á CNT. Constituído en 1934, durante a Fronte Popular agrupou a 650 afiliados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo confederal que abranguía os sindicatos de Noia, Lousame, Serra de Outes, Escarabote, A Pobra, Porto do Son e Portosín afiliados á CNT. Constituíuse durante a Fronte Popular grazas ao labor de Enrique Fernández e Claro José Sendón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación constituída en agosto de 1931 en que figuraba media ducia de sociedades de Ferrol e unha de Mugardos, e na que destacaban o Sindicato General, dos traballadores da industria naval, polo seu volume de afiliación, e o de Camareros e de Transportes, pola súa combatividade. A finais do mesmo ano produciuse a incorporación dalgunhas sociedades escindidas da UGT e do Sindicato de Canteros, cunha traxectoria como sindicato independente dende finais do s XIX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Copenhaguen? 1471 - Gottorp 1533) Rei de Dinamarca (1523-1533) e de Noruega (1525-1533), e duque de Slesvig- Holstein, Fillo do Rei Cristián I. Foi elixido rei de Noruega na Dieta de Vyborg (1523). Partidario do luteranismo, favoreceu o seu desenvolvemento nos seus territorios.
-
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e de Noruega (1559-1588), fillo de Cristián III. A súa ambición por dominar o Báltico levouno a atacar Suecia en 1563 e iniciar unha guerra que finalizou coa Paz de Stettin (1570). Impulsou o comercio, as ciencias e as artes e foi o principal protector do astrónomo Tycho Brahe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e de Noruega (1648-1670), fillo de Cristián IV. Declarou a guerra a Suecia en 1657. Tralo fracaso das accións militares perdeu Escania, Halland, Bornholm e Trondheim, aínda que trala sinatura da Paz de Copenhaguen (1660) recuperou as dúas últimas. Apoiado pola burguesía, proclamou o carácter hereditario e absoluto da monarquía (1660-1661) e confiou o goberno a un consello de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e de Noruega (1699-1730), fillo de Cristián V. Aliouse sen éxito en 1700 con Rusia e Polonia contra Suecia. En 1709 volveu declarar a guerra a Suecia e invadiu o ducado de Slesvig e a Pomerania sueca. Polo Tratado de Frederiksborg (1720) devolveu todos os territorios conquistados durante a contenda aos suecos, agás os ducados de Slesvig-Holstein. En 1702 aboliu a servidume da gleba, aínda que a reforma non tivo unha aplicación real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1947-1972), fillo do Rei Cristián X. A modificación da constitución (1953) permitiu a sucesión feminina ao trono, e sucedeulle a súa filla Margarida II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e de Noruega (1746-1766). Monarca ilustrado, iniciou unha serie de reformas internas que levaron á creación de numerosos centros educativos e ao financiamento dunha expedición multidisciplinar á Península Arábiga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1808-1839) e de Noruega (1808-1814), fillo de Cristián VII. Aliado de Napoleón contra Inglaterra, polo Tratado de Kiel (1814) cedeu Noruega a Suecia e recibiu a cambio a illa de Rügen e a Pomerania sueca, que trocou polo ducado de Lauenburg.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1848-1863), fillo de Cristián VIII. A Revolución de 1848 induciuno a outorgar unha constitución liberal (1849) común a Dinamarca e aos ducados de Slesvig-Holstein, pero os separatistas dos ducados subleváronse, apoiados por Prusia. Na convención de Londres (1850) foi garantida a integridade dos territorios daneses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de Mallorca e príncipe de Acaia (1315-1316), fillo de Xaime II de Mallorca e de Esclarmunda de Foix. Coñecido como Fernando de Morea, estivo nas cortes de Xaime II de Aragón e Federico III de Sicilia, que o enviou como o seu lugartenente na Compañía Catalana. Trasladouse a Gallipoli en 1307 e fixérono prisioneiro os venecianos en Negroponte. Trasladado a Nápoles, foi liberado en 1308 e volveu á corte de Xaime II de Aragón, co que participou na expedición a Almería (1309). En 1312 trasladouse a Sicilia, onde recibiu de Federico III de Sicilia o feudo de Catania e o castelo de Ursino. Participou nas loitas entre Nápoles e Sicilia e en 1314 casou con Isabel de Sabran, neta de Guillerme de Villehardouin, príncipe de Acaia. Posteriormente, casou en segundas nupcias con Isabel de Ibelin. Morreu loitando por defender os dereitos do seu fillo, o futuro Xaime III de Mallorca, fronte a Luís de Borgoña e Xoán de Orsini en Acaia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en La Habana a partir de febreiro de 1911. Trátase do voceiro oficial da sociedade homónima. Impresa nos obradoiros tipográficos Siglo XX, era gratuíta para os socios da entidade. Ademais da información societaria, incluía poemas, ilustracións fotográficas e nela colaboraron destacados galeguistas instalados en Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Comarca urbana situada no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N e O co Océano Atlántico, ao S coas rías de Ferrol e Ares, e ao L coas comarcas de Ortegal (concellos de Cariño, Ortigueira e Cerdido) e O Eume (As Pontes de García Rodríguez, A Capela e Cabanas). Abrangue unha superficie de 625,4 km2 nos que acolle unha poboación de 161.739 h (2001), distribuídos nos concellos de Ares (18,3 km2; 5.003 h), Cedeira (85,4 km2; 7.500 h), Fene (27,4 km2; 14.496 h), Ferrol (83,1 km2; 77.950 h), Moeche (48,5 km2; 1.489 h), Mugardos (12,8 km2; 5.718 h), Narón (67 km2; 32.204 h), Neda (24 km2; 5.958 h), San Sadurniño (99,9 km2; 3.220 h), As Somozas (70,9 km2; 1.396 h) e Valdoviño (88,1 km2; 6.805 h). A cidade de Ferrol é o centro funcional indiscutible, aínda que nos sectores máis afastados se producen significativas superposicións de influencia entre a cidade...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xefe dunha tribo ou maxistrado dunha cidade, na antiga Grecia.
-
PERSOEIRO
Príncipe do Reino Unido (1957), duque de Edimburgo, conde de Merioneth e barón de Greenwich, fillo de Andrés de Grecia e de Alicia de Battenberg. Foi educado en Inglaterra polo seu tío materno, o almirante Louis Mountbatten, e adoptou este apelido ao naturalizarse británico en 1947, ano en que casou coa Raíña Isabel II de Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca do extremo occidental da Comunidade Autónoma de Galicia, no sector meridional da denominada Costa da Morte. Limita ao N coa comarca da Terra de Soneira (concellos de Camariñas e Vimianzo) e o Océano Atlántico, ao S coa comarca de Muros (concello de Carnota) e o océano, ao O co Atlántico, e, ao L coas comarcas da Terra de Soneira (Vimianzo) e Xallas (Mazaricos). Abrangue unha superficie de 339,5 km2nos que acolle unha poboación de 24.562 h (2001), distribuídos entre os concellos de Cee (57,5 km2; 7.164 h), Corcubión (6,5 km2; 1.966 h), Dumbría (124,7 km2; 4.260 h), Fisterra (29,4 km2; 5.132 h) e Muxía (121,3 km2; 6.040 h). A comarca posúe unha dobre cabeceira funcional, conformada pola vilas de Cee, centro económico e administrativo, e Corcubión, cabeza do partido xudicial. Ambos os centros urbanos están practicamente unidos no espazo e atraen a gran maioría dos fluxos comarcais. Non obstante , os concellos de Muxía...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca do extremo oriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa comarca da Mariña Oriental e o Principado de Asturias, ao S coa comarca dos Ancares, ao L co Principado de Asturias e ao O coas comarcas de Meira e Lugo. Abrangue unha superficie de 679,5 km2nos que acolle unha poboación de 7.175 h (2001), distribuídos nos concellos de Baleira (168,8 km2; 1.834 h), A Fonsagrada (438,4 km2; 5.082 h) e Negueira de Muñiz (72,3 km2; 259 h). O núcleo reitor indiscutible é a vila de A Fonsagrada, importante centro comercial e de servicios xa dende o s XVII, que ademais é cabeza de partido xudicial, do que dependen xunto cos tres concellos que forman a comarca, os de Ribeira de Piquín e Meira. A Fonsagrada e Negueira de Muñiz presenta unha cohesión moi forte e un total grao de integración funcional. En cambio, Baleira, malia que mantén vinculacións administrativas e comerciais coa cabeceira comarcal, depende funcionalmente en boa medida de...
VER O DETALLE DO TERMO