"RDA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 499.
-
-
Pasar a ter algo en propiedade por disposición testamentaria ou legal despois do falecemento do propietario.
-
Recibir, os descendentes, os caracteres biolóxicos dos proxenitores.
-
Recibir determinadas circunstancias ou condicións sociais ou culturais dos predecesores.
-
Recibir de alguén algo que xa usou con anterioridade.
-
-
PERSOEIRO
Etnólogo e antropólogo noruegués. En 1947 dirixiu unha expedición que atravesou o Pacífico nunha balsa para demostrar a posible orixe americana da cultura polinesia. Entre 1954 e 1956 realizou diversas expedicións arqueolóxicas ao arquipélago de Galápagos e á illa de Pascua, no L do Pacífico. En 1970 embarcouse nunha nave de papiro, a Ra II, e cruzou o Atlántico partindo do N de África. Describiu as súas impresións nas obras Kont-Tiki’ Expedisjonen (1948), American Indians in the Pacific (1952), Aku-Aku: Paskeøoyas hemmelighet (1957) e The Tigris Expedition (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe xermánica, transmitido a través do francés Hildegarde, composto de dous elementos *hiltja- ou *hildi ‘batalla’ e *gard- ‘vara ou xostra máxica’ (para algúns estudiosos este segundo elemento viría de gardan ‘coñecer’). Outros parten de Hild (nome dunha valquiria) e hart ‘garrida’, ‘carraxenta’. Santa Hildegarda de Bingen (1098-1179) celébrase o 17 de setembro.
-
PERSOEIRO
Bieita alemana. Coñecida como a sibila do Rin, fundou o mosteiro de Rupertsberg, preto de Bingen. Recolleu as súas visións no libro Sci vias Domini ou Liber Scivias (Coñece os camiños do Señor). Tamén escribiu o tratado de medicina Causae et curae. Na iconografía viste hábito de abadesa bieita e represéntase ditando a un escribán con cinco chamas vermellas sobre a testa. A súa festividade celébrase o 17 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tribo nómade.
-
Conxunto de xente indisciplinado e anárquico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Khanato mongol fundado por Batu Khan en 1237. Comprendía o país dos búlgaros do Volga e o Kipchak, con capital en Sarai. Durante o goberno do terceiro khan, Börke (1257-1266), os mongois da Horda de Ouro foron islamizados e expandíronse por Corasmia, Transoxiana e Cáucaso. Os principados rusos foron tributarios da Horda de Ouro ata que a finais do s XIV foron derrotados polos moscovitas (1380). Despois da conquista de Tamerlán (1395), dividiuse en catro khanatos independentes: Astrakhan, Kazan’, Crimea e Siberia. Iván III de Moscova liberouse definitivamente do dominio mongol cando se negou a pagarlles tributos (1480).
-
-
PERSOEIRO
Escritora alemana. Malia o éxito do seu debut poético Neue Gedichte (Novos poemas, 1907), dedicouse sobre todo á novela neorromántica, e máis tarde aos feitos e aos personaxes históricos, como en Weisse Nächte (Noites brancas, 1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei haxemita de Xordania (1952-1999), fillo e sucesor de Ṭ alāl I. A súa participación na Terceira Guerra Árabe-israelí (1967) custoulle a ocupación israelí de Cisxordania e a presenza no país de guerrilleiros palestinos, que expulsou en 1970. Apoiou a Iraq na guerra contra Irán (1980-1988) e na Guerra do Golfo Pérsico (1991), feito que deteriorou as súas relacións co mundo occidental. Na década de 1990 levou a cabo unha intensa actividade diplomática, coa firma en 1994, en ’Ammān, dun acordo de paz co primeiro ministro israelí Yitzhak Rabin e a mediación nas negociacións entre israelís e palestinos. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias a la Concordia (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade inglesa de lonxitude que equivale a 0,9144 m. Divídese en 3 pés ou en 36 polgadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro Internacional para a Investigación Agrícola nas Zonas Secas, fundado no ano 1977 e con sede en Alepo (Siria). Organización sustentada por diversos organismos internacionais como o Banco Mundial na que a función principal é a de desenvolver a agricultura nas zonas secas de clima mediterráneo, en zonas pouco produtivas e en rexións onde hai déficit de alimentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome romano da cidade de Lleida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode abordar.
-
PERSOEIRO
Lingüista. Profesor na Universidade de Bucarest, foi presidente de honor da Societé de Linguistique Romane. Cómpre destacar as súas obras Introducere in studiul limbilor romanice (1932), Cresţomaţie romanicą (1962) e Toponimia romîneasc ǎ (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política de carácter trostkista, organizada en Galicia dende finais de 1930 coa denominación inicial de Federación Gallega de Grupos de la Organización Comunista de España. Integrou un reducido círculo de traballadores e intelectuais das cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense e dalgunhas vilas como Padrón, Ribeira ou Noia. Rebautizada en 1932 como Izquierda Comunista de España (ICE), dos seus membros destacan aos irmáns Granell, C. Fernández Mazas e E. Fernández Sendón, L. Fersen, un dos principais teóricos do seu voceiro Comunismo. A finais de 1935, fusionouse co Bloc Obrer i Camperol (BOC) para conformar o Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política constituída en España en 1882 por liberais opostos á política moderada de Práxedes Mateo Sagasta, dos que destacan a F. Serrano e U. Montero Ríos. En 1892 retornou ao Partido Liberal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político republicano fundado en 1934 pola fusión de Acción Republicana de M. Azaña, os radicalsocialistas de M. Domingo e a ORGA de S. Casares Quiroga. En 1935 pactou coa Unión Republicana e co Partido Nacional Republicano, e formou parte da Frente Popular nas eleccións xerais de 1936.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación de partidos políticos e organizacións e movementos sociais, formada en 1986 como coalición de partidos e integrada polo PCE, o Partido de Acción Socialista (PASOC), o Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), Izquierda Republicana, Federación Progresista e Partido Humanista, cun programa que propuña unha alternativa de goberno de esquerda. Estes grupos foron abandonando paulatinamente a coalición, e en 1997 produciuse a escisión de Nueva Izquierda, e a ruptura cos grupos catalán Iniciativa per Catalunya (IC) e galego Esquerda Galega (EG). Os seus coordinadores xerais foron Gerardo Iglesias, Julio Anguita, Francisco Frutos e Gaspar Llamazares desde 2000.
-
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Discípulo de Adam van Noort, cultivou a pintura relixiosa, mitolóxica e de xénero, influenciado por Rubens e pola tradición flamenga de plasmación da vitalidade e a sensualidade. Destacan as obras O rei bebe e O sátiro e o campesiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arco ou conxunto de puntos do que é homeomorfo cun intervalo real. Intuitivamente é o resultado de estirar e torcer un fío elástico, sen rompelo e sen que coincidan dous dos seus puntos.