Horda de Ouro

Horda de Ouro

Khanato mongol fundado por Batu Khan en 1237. Comprendía o país dos búlgaros do Volga e o Kipchak, con capital en Sarai. Durante o goberno do terceiro khan, Börke (1257-1266), os mongois da Horda de Ouro foron islamizados e expandíronse por Corasmia, Transoxiana e Cáucaso. Os principados rusos foron tributarios da Horda de Ouro ata que a finais do s XIV foron derrotados polos moscovitas (1380). Despois da conquista de Tamerlán (1395), dividiuse en catro khanatos independentes: Astrakhan, Kazan’, Crimea e Siberia. Iván III de Moscova liberouse definitivamente do dominio mongol cando se negou a pagarlles tributos (1480).

Palabras veciñas

Horas | Horcajo de Santiago | horda | Horda de Ouro | Hordaland | Hordeum | Horemheb