"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • GALICIA

    Ensaísta. Licenciado en Filosofía e Letras e graduado en ciencias sociais, foi profesor da Universidad de Puerto Rico. Colaborador en múltiples xornais e revistas especializadas de distintos países, publicou estudios sobre a problemática socioeconómica de Galicia entre outros temas: Galicia ante el desequilibrio regional de España (1968), A revolución dos transportes marítimos e os complexos portuarios europeos (1969), Educación e desenrolo: estrutura e problemas do ensino en Galicia i en España (1969), El Espacio regional en el desarrollo económico de España (1970), Estrutura y problemas de la enseñanza en España (1971), El Fenómeno del regionalismo: una visión gallega del problema (1972), Monopolios norteamericanos y corporaciones multinacionales (1972), Galicia de hoxe: problemática dun pobo en crise (1973), Galiza de hoxe (1973), La Lengua gallega: en pleno resurgimiento o en peligro de muerte? (1974),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Destacado artesán ata o período fascista, sobreviviu posteriormente realizando filmes espectaculares de alcance internacional como Ulisse (1953) ou I briganti italiani (Os bandidos italianos, 1961). Está considerado como un dos inventores da comedia italiana dos anos trinta. Dirixiu, tamén, La riva dei Burti (A beira dos Burti, 1930), I promessi sposi (Os noivos, 1940) e Don Camillo e i giovanni d´oggi (Don Camilo e os mozos de hoxe, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos cuartos que hai nos teatros ou sitios semellantes para que os actores se vistan, se preparen ou repousen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio eclesiástico do Sacro Imperio localizado na Pomerania. O seu titular era o bispo da cidade de Cammin, situada fóra dos límites do Principado. Converteuse dende o 1556 nunha propiedade dos segundos fillos dos duques da Pomerania. Entre 1648 e 1679 pasou a Brandenburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra e poetisa. Asinou as súas obras como Marica Campo e compaxinou a creación literaria coa faceta de articulista en diversas publicacións como O Libelo, Escrita, Dorna, Artesonado ou Lucensia. Comezou no mundo do teatro coa publicación de O cazador de estrelas e Dous vellos e unha soia soidade, en colaboración con Xosé Manuel Carballo, representadas en 1976 e 1977, respectivamente. Posteriormente, en 1984, publicou a peza de teatro infantil O Premexentes non pode cos paxaros rebezos (ou memorias dun escribano), coa que acadou unha mención de honra do Premio de Teatro O Facho. Deuse a coñecer como poetisa nos anos noventa, aínda que anteriormente escribira composicións lidas en recitais e algunhas delas musicadas. Colaborou co grupo A Quenlla e participou nas gravacións de Fuxan os ventos, musicando temas como Muller, Mencer, Dáme lume, Canción pra adormiñar a lembranza ou Fame,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e pintor. Discípulo de Casto Sampedro Folgar, en 1906 ingresou na Sociedad Arqueológica de Pontevedra onde foi colaborador e debuxante oficial. Os seus traballos representan monumentos arquitectónicos realizados cun espírito arqueolóxico. O seu primeiro debuxo coñecido é Casa de Pontevedra, datado arredor de 1901, e produciu a maior parte da súa obra entre os anos 1906 e 1910. En 1909, co gallo da Exposición Rexionalista Galega de Santiago de Compostela, foi nomeado delegado da Sección Arqueolóxica e realizou, en colaboración co gravador Enrique Mayer Castro, os debuxos de catalogación da riqueza artística de Pontevedra e do arcebispado de Tui. No mesmo ano recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra e trasladouse a Madrid onde descubriu a primeira lápida romana atopada na capital. Realizou tamén acuarelas enmarcadas nunha tendencia impresionista que evolucionou cara a un expresionismo no que sobresaía o grafismo e a cor. Entre os seus debuxos destacan: Tejados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra para viaxar a Roma, onde realizou a obra titulada Protección. É tamén autor da escultura de Eduardo Vicenti situada en Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi funcionario de Facenda en Santiago de Compostela e na Pobra do Caramiñal e destacou como colaborador de El Observador Constitucional, xornal compostelán de carácter liberal editado durante o Trienio Liberal (1820-1823).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Estudiou na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid en 1935. Estableceuse en México en 1939 onde recibiu a influencia do enxeñeiro Eduardo Torroja na construción de cubertas con deseños atrevidos. Foi profesor nas universidades de México, Harvard, Illinois e Leeds. Entre as súas obras destacan as igrexas da Virgen de los Milagros (1954) e a de San Vicente de Paúl (1960), en México. Realizou, en colaboración cos arquitectos Enrique Castañeda e Antoni Peyrí, o palacio de deportes dos Xogos Olímpicos de México (1968). En 1961 recibiu o Premio Internacional de Arquitectura Auguste Perret.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial localizada en Lalín. De estilo románico, os epígrafes conservados amosan unhas datas comprendidas entre 1170 e 1180. Consta dunha nave e dunha ábsida posteriormente ampliada. A nave ten cuberta de madeira a dúas augas. A fachada principal reformouse ao engadirse un óculo e unha espadana de dous arcos ademais dun terceiro como coroamento. A porta está formada por unha arquivolta apoiada en dúas columnas a cada lado. O tímpano presenta un lintel bilobulado cunha inscrición entre os lóbulos, o conxunto complétase con catro arquiños semicirculares na parte superior do tímpano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Destacou como paisaxista pero dedicouse máis ao xornalismo e á ilustración. Por afinidade artística debe incluírse na Xeración Doente. Estivo integrado no grupo cultural de Ferrol. As súas paisaxes son pequenos retallos de natureza afíns con clara tendencia realista. Entre as súas obras destacan San Benito de Lérez, Unha romería en Galicia e Paisaje de las cercanías de Pontevedra. As revistas Galicia e El Liberal outorgáronlle cadanseu premio polos relatos Caso e La armadura. É autor de Cuentos de abades y aldeas (1909-1911), Rías de ensueño. Impresiones de Galicia (1910), Suevia (1910), Camino de Santiago (1910), La última pirueta (1913), La luz apagada (1914), El señorito rural e Tragedias ridículas u otras narraciones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio segundo o cal, na recta real, toda sucesión de intervalos pechados, onde cada un está contido no anterior e as súas lonxitudes tenden a cero, define un número real.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos caprinos.

      1. Mamífero da subfamilia dos caprinos.

      2. Subfamilia de mamíferos bóvidos, que comprende un bo número de especies, coñecidos co nome de cabras.

      3. gando caprino

        Gando formado por cabras, machos cabríos e cabuxos. É un gando moi resistente, ligado a unha agricultura de carácter extensivo, que se explota principalmente en rexións áridas ou montañosas. Críanse nos pastos, aínda que tamén se adaptan ás cortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judeţ de Romanía (8.520 km2; 360.773 h [estim 1997]). A súa capital é Reşita (94.351 h).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos enunciados do segundo principio da termodinámica segundo o que, ao redor de calquera estado de equilibrio dun sistema hai outros estados que non son accesibles por medio dun proceso adiabático reversible ou irreversible. OBS: Chámase tamén principio de inaccesibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos carcarínidos.

    2. Peixe da familia dos carcarínidos.

    3. Familia de quenllas da suborde dos galeoideos á que pertencen os marraxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación da Carena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da subclase das carinadas.

    2. Subclase de aves que engloba as ordes dos gaviformes, podicipediformes, procelariformes, pelecaniformes, ciconiformes, fenicopteriformes, anseriformes, calarciformes, accipitriformes, falconiformes, galiformes, gruiformes, caradriformes, pteroclidiformes, columbiformes, psitaciformes, cuculiformes, estrixiformes, caprimulxiformes, apodiformes, coraciformes, piciformes e paseriformes.

    VER O DETALLE DO TERMO