"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

    1. Proceso de cementación dos aceiros cun baño de sales fundidos a unha temperatura aproximada de 800°C. O baño normalmente está formado por cianuro (70%), carbonato (25%) e, como estabilizador, cloruro sódico. Durante o proceso difúndese carbono e, en menor proporción, nitróxeno pola superficie do metal. A cianuración emprégase principalmente para cementar pezas pequenas e ten a vantaxe de ser un método rápido que permite temperar o aceiro sen volver quentalo, ademais de deixar as pezas lisas e limpas.

    2. Procedemento de obtención do ouro e da prata que consiste en tratar o mineral cunha solución de cianuro alcalino en presencia de aire. O ouro ou a prata disólvense por formación dos cianocomplexos, moi estables: 4Au + 8NaCN+O 2 +2H 2 O→4Na[(CN) 2 Au]+4NaOH. A precipitación do metal prodúcese por cementación con cinc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Someter unha substancia a cianuración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torre con chanzos que ten forma dunha pirámide truncada á que se accede por medio de rampas e que acolle un templo no último piso ou terraza. É un elemento característico da arquitectura mesopotámica; a bíblica torre de Babel puido adoptar esta estrutura. Destacan as ruínas do cigurat de Ur.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte máis estreita do tronco do ser humano baixo a caixa torácica.

      2. cintura abdominal/cintura pelviana

        Arco óseo propio dos vertebrados, de estrutura moi simple nos peixes, nos que é libre; situado entre a musculatura ventral, está constituído por un óso de tipo endocondral e non está relacionado coa columna vertebral. Nos crosopterixios aparecen bosquexos do que ten que ser a cintura pelviana nos tetrápodos. Nos vertebrados superiores e, polo tanto, no ser humano, está formada polos ósos ilíacos e o sacro.

      3. cintura escapular/cintura torácica

        Anel óseo propio dos vertebrados constituído nos peixes por unha peza esquelética relacionada co cranio, formada por un óso de tipo endocondral e reforzada por un óso de membrana. Nos tetrápodos e, polo tanto, no ser humano, está formada por tres ósos pares: o torácico (que nos mamíferos se chama clavícula), a omoplata (escápula) e o óso coracoide (que nos mamíferos só subsiste como unha apófise da omoplata e serve de sostemento ás extremidades superiores).

    1. Parte dun vestido correpondente á cintura do corpo. Ex: O vestido aínda hai que axustalo máis na cintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Vigo o 12 de marzo de 1891 co nome de Centro de Instrución Mercantil. En 1904 tomou a denominación de Círculo Mercantil e Industrial; en 1951, a de Círculo Recreativo Mercantil e Industrial e en 1965, a de Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo. O seu primeiro presidente foi José A. Priegue e, dende 1996, ocupa a presidencia Manuel Vila Ruibal. Naceu como unha asociación que reunía os comerciantes da época. Os seus fins son a promoción de actividades culturais, recreativas e deportivas para os seus socios, sen ánimo de lucro. Agás un período no que se situou no desaparecido Teatro Rosalía Castro, dende o seu nacemento tivo a sede na rúa do Príncipe, inaugurada polos reis Afonso XIII e Victoria Uxía o 28 de setembro de 1927. Nestas instalacións están as oficinas, o salón rexio, a cafetería, a sala de xogos e billar, o ximnasio e a biblioteca, a primeira que se informatizou en Galicia e que conta con 30.000 volumes, ademais de revistas, xornais e servicios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de cultivo dos cítricos. As variedades máis cultivadas son a laranxeira (coas variedades do grupo navel), a laranxeira mandarina (coas variedades do grupo satsuma e clementina), o limoeiro e o pomelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción ou efecto de clausurar.

      2. Cerimonia coa que finaliza algunha cousa solemne. Ex: Aínda que non asistimos estabamos convidados á clausura do acto.

      1. Obrigación eclesiástica que establece limitacións na entrada e na saída das casas relixiosas e a prohibición das persoas alleas a entrar. O dereito, ao se referir aos mosteiros de monxes, distingue a clausura papal e a constitucional. Ex: monxas de clausura.

    1. Afastamento voluntario ou non do mundo exterior. Ex: Vive nunha constante clausura, afastado de todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pechar un centro oficial cunha cerimonia solemne ou oficial para comezar as vacacións e interromper as súas sesións.

      2. Marcar a fin dalgunha cousa.

    1. Pechar un sitio por orde gobernamental. Ex: Clausuraron os bares de toda a rúa a causa da falta de insonorización nos seus locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén cloruro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de coar líquidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cubrir ou de cubrirse.

      1. Cousa empregada para cubrir algo.

      2. Capa ou baño, xeralmente de xarope ou chocolate, co que se cobre un pastel.

      1. Alcance territorial dun determinado servizo ou medio de comunicación. Ex: Traballei un ano nun canal de cobertura local. O meu teléfono non ten cobertura no estranxeiro.

      2. Conxunto de prestacións que recolle o contrato dun seguro ou outro servicio. Ex: O seguro do meu coche non ten cobertura en caso de roubo.

      1. Metálico, divisas ou outros valores que serven como garantía para a emisión de billetes de banco ou outras operacións financeiras ou mercantís.

      2. cobertura de risco

        Relación entre o valor do que cobre o seguro e o valor da mercadoría ou operación da que é obxecto.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deformación producida nunha superficie por un ou varios golpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cocer ou cocerse.

    2. Pezas de pan que se cocen dunha soa vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compilación de leis e editos auspiciada por Hammurabi, monarca da primeira dinastía de Babilonia (1793-1750 a C). Constitúe o primeiro código coñecido da historia, do que se conservan 282 artigos, estruturados en tres partes seguindo as tradicións lexislativas sumerias e acadias: un prólogo, o corpo legal e o epílogo. Comeza cunha explicación dos códigos relixiosos de Asiria e Babilonia e logo presenta unha guía de procedementos legais, a imposición de penas por acusacións inxustificadas, o falso testemuño e os erros xudiciais. Recolle tamén disposicións sobre o dereito de propiedade, préstamos, depósitos, débedas, propiedade doméstica e dereitos familiares, e regula os prezos de diferentes tipos de servicios comerciais. Presenta como base do dereito penal a Lei de Talión, común entre os pobos semitas. Unha das funcións primordiais era proporcionarlles protección a todas as clases sociais babilónicas, fundamentalmente aos pobres e aos escravos contra a inxustiza dos ricos e poderosos. O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles da subclase dos diápsidos, de ata 40 cm de lonxitude, con costelas prolongadas externamente aos lados do corpo, unidas cunha pelica e formando unhas ás de 30 cm de envergadura. Alimentábase de insectos, nas selvas de Madagascar, a finais do Pérmico, e desprazábase planeando entre as árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tea que se colga nos balcóns ou nas paredes nas celebracións. Ex: O día da festa os balcóns énchense de colgaduras.

    2. Tea ou tapiz que cobre as paredes interiores como elemento decorativo. Ex: As paredes do pazo tiñan unhas fermosas colgaduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de coller.

    2. Herba verde para lle dar de comer ao gando. Ex: Vai xa para a casa que eu quedo apañando unha pouca colledura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de adornos virtuosos sobre unha melodía. Típica do bel canto italiano e practicada desde as orixes da monodia florentina, chegou ao seu punto álxido no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO