"Uma" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 364.
-
GALICIA
Pintor e deportista. Coñecido como Molezún, foi campión nacional de 110 metros valados (1942, 1947, 1948 e 1949), campión de altura (1948) e participou nos Xogos Olímpicos de Londres (1948). Instalouse en Madrid desde 1928 e foi profesor de belas artes na Universidad Complutense de Madrid. Traballou con diversos materiais e técnicas como a acuarela, a vidreira ou o deseño para estampado en tea. Cultivou unha abstracción xeométrica que partiu do cubismo. Cara ao final da súa vida mostrou unha tímida figuación. Empregou os grandes planos e as cores neutras. En 1974 realizou un mural para a sede en Madrid da Fundación March. Gañou o concurso para a decoración do pavillón español na Exposición de Bruxelas de 1968.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Šuppiluliumaš I.
-
-
-
adición.
-
Resultado dunha adición. A suma aritmética entre números a + b = c equivale a dicir que a reunión de dous conxuntos que teñen a e b elementos, respectivamente, é un conxunto que ten a + b elementos. O símbolo que indica suma é +.
-
-
-
Reunión ou conxunto de certas cousas.
-
Recompilación de todas as partes dunha ciencia.
-
Coleccións de sentenzas, feitas na Idade Media e rigorosamente ordenadas, referidas á escolástica (suma de sentenzas), das que destacan as de Hugo de San Vítor, Alexandre de Hales e Pedro Lombard; e á filosofía (suma filosófica) e teoloxía (suma teolóxica), onde destacan as de Tomé de Aquino.
-
-
Cantidade de diñeiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
sumable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser sumado.
-
-
Suma dos termos dunha serie calquera.
-
Fenómeno que se produce pola suma de varios estímulos, aumentando o seu efecto.
-
-
-
Que ou quen suma.
-
-
Circuíto ou dispositivo destinado a sumar diversas cantidades numéricas.
-
Órgano lóxico que realiza as sumas ou adicións nun ordenador.
-
sumador binario
Circuíto lóxico, formado por dous semisumadores, destinado a sumar dous sinais binarios, sendo cada un deles un bit. Para sumar sinais de n bits cómpren n sumadores.
-
-
-
-
Arbusto perennifolio, de 1 a 3 m de altura, con follas compostas, imparipinnadas, con folíolos ovais ou lanceolados e dentados. As flores son pequenas, numerosas e de cor branca, dispostas en tirsos e froito en drupa de cor parda vermella. Florece entre a primavera e o verán e os froitos maduran a finais do verán ou principios de outono. A casca e as follas, ricas en taninos, empréganse en curtidos.
-
Arbusto, de ata 8 m de altura, con follas caducas, imparipinnadas con folíolos oblongo-lanceolados e dentados. As flores son unisexuais, pequenas, dispostas en espigas e froito en drupa de cor vermella. É orixinario de EE UU e pódese atopar como ornamental en parques e xardíns e asilvestrada en diversas zonas do N da Península Ibérica.
-
Arbusto caducifolio, de 1 a 3 m de altura, con pólas gabeadoras ou rastreiras, follas trifoliadas, flores verdosas, dispostas en acios axilares e froitos en drupa de cor amarela. É orixinario de América do Norte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das cantidades que hai que sumar para obter unha suma.
-
-
-
Reunir dous ou máis cantidades nunha soa.
-
Compoñer varias cantidades ou elementos un total.
-
-
Formar varias cousas un conxunto.
-
Engadir ou agregar algo.
-
Engadirse ou agregarse a unha acción ou idea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a un sumario.
-
-
Que é breve e sucinto.
-
Aplícase aos xuízos ou procesos civís en que se prescinde dalgunhas formalidades e son tramitados máis rapidamente.
-
Conxunto de actuacións practicadas polo xuíz de instrución, nas causas por delitos graves, tendentes a esclarecer os feitos e determinar as persoas que son responsables deles.
-
Resumo de algo que se desenvolve a continuación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incunable editado en Ourense ou en Salamanca por Juan Gherlinc en 1503. Os continuos movementos deste impresor itinerante, que tivo obradoiros en Monterrei, Braga, Salamanca e Ourense, fan moi difícil establecer o lugar exacto de edición desta obra elaborada en folla voante a catro columnas e con tipos góticos. Consérvanse tres exemplares no Arquivo Capitular de Ourense.
-
-
Que é moi breve.
-
Aplícase ao proceso militar en que os trámites e o procedemento se abrevian de tal xeito, que poden durar só unhas poucas horas. Propios, sobre todo, dos tempos de guerra contra delitos flagrantes de traizón, deserción ou desobediencia, comportan a indefensión do acusado e as penas máis graves, como a de morte, se está vixente.
-
-
-
Relativo ou pertencente á suma ou adición.
-
Signo, representado pola letra grega Ó, que se emprega para simplificar unha notación aditiva, como por exemplo
FORMULA
-
-
ILLAS
Illa situada na parte máis occidental das Illas da Sonda, Indonesia (473.481 km2; 43.309.707 h [2000]). A parte occidental está percorrida por un sistema montañoso cunha forte actividade volcánica (90 picos volcánicos e 12 deles activos). As principais cidades son Medan, Palembang, Padang e Jambi. O arroz, principal cultivo, dáse na chaira N e nos vales baixos. O subsolo é rico en carbón, petróleo, bauxita, manganeso, níquel, diamantes, ouro e prata. A poboación, formada fundamentalmente por malaios, inclúe tamén aos bataks e aos minangkabau. No s VII desenvolveuse o reino budista de Srīvijaya, en que destacou a capital Palembang. No s XIII comezou a recibir a influencia musulmá, da que deu noticia Marco Polo, que visitou a illa en 1291. Cara a 1377 caeu baixo o dominio do Imperio Majapahit, establecido en Xava. No s XVI os portugueses estableceron relacións comerciais co sultanato de Aceh, que chegou ao seu máximo esplendor con Iskandar Muda (1607-1636). No s XVII os portugueses...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Indonesia, situada na illa de Sumatra (103.688 km2; 6.899.675 h [2000]). A capital é Palembang.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Indonesia, situada na illa de Sumatra (49.778 km2; 4.248.931 h [2000]). A capital é Padang.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Indonesia, situada na illa de Sumatra (70.787 km2; 11.649.655 h [2000]). A capital é Medan.