sumario -ria

sumario -ria

(< lat summarĭu ‘compendio’)

  1. adx

    Que é breve e sucinto.

  2. adx [DER]

    Aplícase aos xuízos ou procesos civís en que se prescinde dalgunhas formalidades e son tramitados máis rapidamente.

  3. s m [DER]

    Conxunto de actuacións practicadas polo xuíz de instrución, nas causas por delitos graves, tendentes a esclarecer os feitos e determinar as persoas que son responsables deles.

  4. s m

    Resumo de algo que se desenvolve a continuación.