"Vas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 331.

      1. Calquera recipiente de metal, arxila, vidro ou madeira de forma variada, con asas ou sen elas, destinado a diversos usos, especialmente para beber. No Oriente Próximo atopáronse vasos de pedra e, a partir do V milenio a C, apareceron (en Nínive e Susa) de arxila, con motivos xeométricos. En Mesopotamia realizáronse con metais nobres e en Exipto con diversos materiais. A cerámica foi o material empregado na India e en China, onde durante a dinastía Han se fixeron vasos cun material procedente da porcelana. A arte grega desenvolveu unha variada produción de vasos, desde as antigas culturas cretenses e micénicas ata os vasos xónicos de figuras negras sobre fondo branco, e os áticos de figuras negras sobre fondo vermello e de figuras vermellas sobre fondo negro. Grecia ofrecía tamén unha ampla gama de formas (cráter, cáliz, hidra ou lékythos). Os vasos etruscos presentan, entre outras, formas de peixe con cabeza humana. Roma continuou coas formas gregas e empregou os metais e o vidro....

      2. Líquido que cabe neste recipiente.

    1. Recipiente máis estreito na boca e na base ca no centro que se emprega como adorno e para conter flores.

    2. Conduto por onde circulan os líquidos do corpo, especialmente o sangue, a linfa e o quilo.

    3. Calquera célula condutora morta, alongada, de sección redonda ou poligonal, e con paredes grosas e lignificadas cuxa función é a de transportar auga ou disolucións salinas.

      1. Atributo aplicado á Virxe, recollido na ladaíña lauretana.

      2. vaso de elección

        Suxeito escollido especialmente por Deus para un ministerio singular. Aplícaselle por antonomasia ao apóstolo Paulo.

    4. Corpo de capitel corintio en forma de copa.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución do calibre dos vasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce a constrición dos vasos.

    2. Fármaco que provoca vasoconstrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento do calibre dos vasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce dilatación vascular.

    2. Fármaco que produce vasodilatación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento que está formado por un pau que ten nun extremo un pequeno feixe de xestas, de ramas de diferentes plantas ou de fibras sintéticas, que se usa para varrer.

    2. Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘brocha’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado ou recibido cunha vasoira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce a contracción ou a dilatación dos vasos.

    2. Axente ou nervio que facilita a dilatación ou a contracción dos vasos sanguíneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona que é segregada polo hipotálamo e se acumula no lóbulo posterior da hipófise. A súa acción é a de aumentar a presión sanguínea e inhibir a diurese. OBS: Tamén se denomina hormona antidiurética ou pitresina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza do traxe tradicional feminino de gala. Consiste nunha saia aberta por detrás cun corte maior ca o semicírculo, polo que monta sobre si mesma e non deixa ver a peza que está por debaixo. Adoita ter moito voo, máis ca o mantelo, e xeralmente é de cor negra e de pano, aínda que na zona das Mariñas tradicionalmente é marrón e de cor vermella clara nas Rías Baixas. No bordo presenta unha tira de veludo negro e unhas lorzas horizontais na parte inferior. Pode ir adornada con pasamanaría polo bordo ou no centro. A súa lonxitude é menor ca a do refaixo, que asoma por debaixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento que propugna o recoñecemento político de Euskadi e que defende os seus valores históricos e culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de escultores franceses. François-Antoine Vassé (Toulon 1681-París 1736) traballou en Versailles, na casa do concello de Toulouse e en Notre-Dame de París. O seu fillo Louis-Claude Vassé (París 1716-1772) fixo, entre outras obras, o mausoleo de Estanislau I de Polonia, na igrexa de Notre-Dame-de-Bon-Secours, de Nancy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • asalos do rei, en época carolinxia, ao que prestaban homenaxe e con quen quedaban ligados polo xuramento de fidelidade. En contrapartida recibían un beneficio ou concesión territorial. Adoitaban exercer funcións administrativas e misións políticas de responsabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista cinético grego. Coñecido como Takis, creou as antiesculturas-máquinas. Iniciou as súas esculturas telemagnéticas en 1959, que culminaron nos Ballets magnéticos de 1961. A partir de 1966 a súa investigación levouno a crear os Sinais luminosos. Publicou en 1966 a autobiografía Estafilades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do län de Västmanland, ao SL de Suecia (131.014 h [2004]). Situada na costa NO do lago Mälar, é un centro comercial e núcleo industrial, con industria electrotécnica papeleira e do vidro. En 1527 foi sede da dieta que, baixo Gustavo I, decidiu a introdución da Reforma en Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (55.401 km2; 256.875 h [2004]). A súa capital é Umeå.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Suecia que se estende entre os lagos Väner e Väter e o estreito de Kattegat (16.670 km2; 122.500 h [1971]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (21.678 km2; 244.195 h [2004]). A súa capital é Härnösand (25.273 h [2004]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de vasto.

    VER O DETALLE DO TERMO