vaso

vaso

(

  1. s m
    1. Calquera recipiente de metal, arxila, vidro ou madeira de forma variada, con asas ou sen elas, destinado a diversos usos, especialmente para beber. No Oriente Próximo atopáronse vasos de pedra e, a partir do V milenio a C, apareceron (en Nínive e Susa) de arxila, con motivos xeométricos. En Mesopotamia realizáronse con metais nobres e en Exipto con diversos materiais. A cerámica foi o material empregado na India e en China, onde durante a dinastía Han se fixeron vasos cun material procedente da porcelana. A arte grega desenvolveu unha variada produción de vasos, desde as antigas culturas cretenses e micénicas ata os vasos xónicos de figuras negras sobre fondo branco, e os áticos de figuras negras sobre fondo vermello e de figuras vermellas sobre fondo negro. Grecia ofrecía tamén unha ampla gama de formas (cráter, cáliz, hidra ou lékythos). Os vasos etruscos presentan, entre outras, formas de peixe con cabeza humana. Roma continuou coas formas gregas e empregou os metais e o vidro. A partir do Renacemento e durante os ss XVIII e XIX abríronse diversas fábricas en toda Europa e a súa produción forma parte xa da evolución da cerámica en xeral. Cómpre mencionar tamén os vasos producidos polas civilizacións precolombianas, sobre todo mexicanas e peruanas, de multitude de formas e diversos materiais.

    2. Líquido que cabe neste recipiente.

  2. s m

    Recipiente máis estreito na boca e na base ca no centro que se emprega como adorno e para conter flores.

  3. s m [ZOOL]

    Conduto por onde circulan os líquidos do corpo, especialmente o sangue, a linfa e o quilo.

  4. s m [BOT]

    Calquera célula condutora morta, alongada, de sección redonda ou poligonal, e con paredes grosas e lignificadas cuxa función é a de transportar auga ou disolucións salinas.

  5. [RELIX]
    1. s m

      Atributo aplicado á Virxe, recollido na ladaíña lauretana.

    2. vaso de elección

      Suxeito escollido especialmente por Deus para un ministerio singular. Aplícaselle por antonomasia ao apóstolo Paulo.

  6. s m [ARTE]

    Corpo de capitel corintio en forma de copa.

  7. s m [FÍS]

    Recipiente dun reactor nuclear dentro do que se atopa o núcleo, o material reflector e outros compoñentes.

  8. vaso de precipitados [QUÍM]

    aso cilíndrico de vidro, resistente ao lume, provisto de bico e a miúdo graduado, que se emprega para realizar os experimentos.

  9. vaso sagrado [RELIX]

    aso destinado ao culto, en calquera relixión. No cristianismo destínase á administración dos sacramentos (vasos dos santos óleos, copón, píxide, custodia) ou a celebración da eucaristía (cáliz e patena).