"andi" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 305.

  • GALICIA

    Escritor. Da súa obra destacan Caminando al sol de Galicia (1946-1947, premiado polo Centro Galego de Bos Aires), Río Lérez (1950), Gracia e ingenio de Pontevedra (1954), Hombres y cosas de ayer y de hoy (1967), Presencia y gozo del humorismo gallego (1968), En Galicia, una vez (1969) e Xoias e coitas da terra orballada (1972). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla naval librada entre as escuadras británica e alemá os días 31 de maio e 1 de xuño de 1916, en augas situadas no oeste do paso de Skagerrak. Foi o combate naval máis importante da Primeira Guerra Mundial. A escuadra alemá tivo que volver aos seus portos, onde permaneceu bloqueada ata o final da guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre de gregos fanariotas emparentada coa dinastía imperial dos Comnenos de Trebisonda despois da conquista latina de Constantinopla (1204). Destacaron Alexandros Ypsilantis (Constantinopla 1726-1805), gospodar de Valaquia (1774-1782 e 1796-1797) e de Moldavia (1786-1788); Alexandros Ypsilantis ( Kiev 1792 -Viena 1828) que dirixiu en 1820 o grupo Heteria, sociedade política xurdida con vista á liberación nacional grega, e ocupou Ia Palatino; Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ i e Bucarest, coa intención de facer sublevar aos cristiáns romaneses; e Dimitros Ypsilantis (Kiev 1793-Nauplia 1832) quen en 1822 foi elixido presidente da primeira asemblea lexislativa da Grecia libre e en 1832 formou parte do goberno provisional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da África meridional, incorporada á provincia de Kwa­Zu­lu/Natal, Sudáfrica, da que forma a franxa setentrional, comprendida entre as serras setentrionais de Drakensberg e o Océano Índico e entre os ríos Pongolo ao N e Tugela ao S. Habitada por tribos zulús desde o s XVII, ao comezo do s XIX o Rei Shaka unificou os zulús e conquistou unha gran parte de Natal. Os africanos enfrontáronse cos colonos bóers de Trasvaal e Orange, e desde 1877 cos ingleses do Cabo. Despois dunha sanguenta campaña (1878-1884), o territorio foi anexionado a Natal (1897). Os europeos arrebataron as mellores terras aos zulús e impuxéronlle leis restritivas. A partir de 1910, vencido o derradeiro rei zulú, Dinuzulu, o territorio pasou a ser unha das reservas africanas da Unión Sudafricana, e en 1970 unha parte constituíu o bantustán autónomo de KwaZulu.

    VER O DETALLE DO TERMO