Zululandia

Zululandia
Nome científico: [afrikaans: Zululand; zulú: Kwazulu]

Rexión da África meridional, incorporada á provincia de Kwa­Zu­lu/Natal, Sudáfrica, da que forma a franxa setentrional, comprendida entre as serras setentrionais de Drakensberg e o Océano Índico e entre os ríos Pongolo ao N e Tugela ao S. Habitada por tribos zulús desde o s XVII, ao comezo do s XIX o Rei Shaka unificou os zulús e conquistou unha gran parte de Natal. Os africanos enfrontáronse cos colonos bóers de Trasvaal e Orange, e desde 1877 cos ingleses do Cabo. Despois dunha sanguenta campaña (1878-1884), o territorio foi anexionado a Natal (1897). Os europeos arrebataron as mellores terras aos zulús e impuxéronlle leis restritivas. A partir de 1910, vencido o derradeiro rei zulú, Dinuzulu, o territorio pasou a ser unha das reservas africanas da Unión Sudafricana, e en 1970 unha parte constituíu o bantustán autónomo de KwaZulu.