"cc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 617.
-
PERSOEIRO
Compositor. Autor do Drury Lane Theatre, foi Master of Music e compuxo pezas operísticas e música para obras de teatro. Da súa produción destaca The Judgment of Paris (1701) e The British Echanters (1706).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo australiano. Estudiou medicina nas universidades de Melbourne e Oxford, na que obtivo o doutoramento en 1929. Foi profesor de fisioloxía na Universidade de Otago, na Universidade Nacional australiana en Camberra e na Universidade de Nova York. Investigou amplamente o mecanismo das actividades nerviosas, especialmente os fenómenos de excitación e inhibición do sistema nervioso central. Obtivo o primeiro rexistro da resposta eléctrica á excitación dunha célula nerviosa individualizada empregando microelectrodos intracelulares. Os seus estudios deron lugar ao recoñecemento dos niveis presináptico e postsináptico dentro do fenómeno de inhibición, e evidenciaron a intervención de axentes químicos farmacodinámicos na transmisión de impulsos ao longo do sistema nervioso central. En 1963 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía con A. L. Hodgkin e A. F. Huxley polos seus descubrimentos sobre a electrofisioloxía da neurona. É autor, entre outras, de Neurophysiological Basis...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro que puido estar situado en San Pedro de Grixoa (O Bolo). Pertenceu ao bispado de Astorga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rotura dunha porta, fiestra ou outra entrada dun lugar habitado, para acceder a el con intención criminal. Constitúe unha circunstancia específica do delito de roubo.
-
-
-
Acción de elixir.
-
Designación dunha persoa para un cargo ou comisión, xeralmente por medio de votos.
-
Procedemento de designación de gobernantes ou representantes por medio de votación. A elección é un procedemento formal, fixado ou recoñecido polas normas dunha organización social, segundo o cal todos ou parte dos seus membros escollen un número menor de persoas, ou a unha soa, para ocupar determinados cargos en dita organización. O desenvolvemento de procedementos electorais remóntase á Antigüidade clásica, nas cidades estado gregas nos ss VI e V a C. Noutras épocas históricas tamén se desenvolveron eleccións, como na República Romana, na organización da Igrexa medieval e nas asembleas de representación estamental na Baixa Idade Media. A ideoloxía liberal e o Estado liberal burgués formularon o principio democrático das eleccións sobre a base dos conceptos de soberanía e representación. Os gobernantes son elixidos polos cidadáns directa ou indirectamente a través de representantes elixidos por eles, reunidos nunha asemblea depositaria da soberanía popular. As eleccións son o mecanismo...
-
-
Posibilidade ou facultade de elixir.
-
Acción de decidir entre os dialectos dunha mesma lingua indíxena ou entre distintas linguas. Cando se escolle unha lingua indíxena denomínase endoglósica e cando se escolle unha lingua esóxena, exoglósica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de estreptococos encapsulados, Gram-positivos e anaerobios facultativos, que habitan no tracto intestinal do home e doutros animais. Son responsables da maioría das infeccións nosocomiais do tracto urinario. Empréganse como indicadores de contaminación fecal das augas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao equinoccio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos puntos da esfera celeste nos que o ecuador celeste corta a eclíptica. Estes dous círculos máximos da esfera celeste -o ecuador e a eclíptica- córtanse segundo un diámetro que une dous puntos e que recibe o nome de liña dos equinoccios. O primeiro punto é o lugar polo que o Sol pasa do hemisferio austral ao boreal e denomínase equinoccio de primavera, punto vernal ou primeiro punto de Aries. O segundo punto é o lugar polo que o Sol pasa do hemisferio boreal ao austral e denomínase equinoccio de outono ou punto Libra. Cando o Sol está nun dos puntos equinocciais, o día e a noite teñen a mesma duración en todos os puntos da Terra.
-
-
Acción ou efecto de erixir.
-
Fenómeno reflexo polo que, ao entrar sangue nos corpos cavernosos, certas partes brandas do corpo, como o pene ou o clítoris, acadan unha maior consistencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infección producida por estreptococos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asombro ou sorpresa moi grande que sente alguén cando non pode reaccionar ante algunha circunstancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elección ao Parlamento Europeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desigualdade periódica dos valores medidos da lonxitude astronómica das distintas posicións da Lúa, respecto aos seus valores teóricos. O período é de 31,807 días, e a amplitude de 1° 16’ 20,4”. A evección débese aos desprazamentos do perixeo da órbita lunar e ás variacións da súa excentricidade causadas pola atracción solar.
-
-
Esixencia do pagamento dalgún tipo de carga fiscal ou do que se debe.
-
Acto da Administración tributaria que consiste no cobro de tributos e doutras prestacións tributarias.
-
Delito que comete a autoridade ou un funcionario público ao esixir o pagamento de impostos non autorizados debidamente. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Acción de expulsar algo.
-
Expulsión do organismo de materias de desfeito.
-
Condución dun fluído por medio da depresión producida por un chorro doutro fluído a moita velocidade. Emprégase especialmente na obtención do baleiro, mediante bombas de exección, ou no cebado de grandes bombas centrífugas.
-
Movemento articulatorio que se produce na zona glotal.
-
-
-
-
Acción de extraer.
-
Operación cirúrxica consistente en retirar ou separar un corpo estraño, unha substancia patolóxica, un órgano enfermo ou lesionado ou unha parte deste.
-
Cálculo da raíz dun número.
-
Acción de traer á superficie os minerais obtidos nunha mina.
-
-
Orixe ou procedencia.
-
Emisión de electróns producida polo impacto dun electrón primario incidente.
-
Proceso de transferencia de materia entre dúas fases inmiscibles baseada na diferencia de solubilidade das substancias, que permite a separación das mesturas sólidas, líquidas ou disoltas mediante un tratamento cun disolvente. Consta de dúas etapas: en primeiro lugar poñer en contacto o disolvente co material que se quere extraer, e despois separar por decantación ou sedimentación as dúas fases resultantes. A extracción sinxela consiste en poñer en contacto todo o material con todo o disolvente. Moito máis eficaz é a extracción múltiple, que consiste en tratar sucesivamente os materiais cun certo número de fraccións de disolvente. Para separar substancias de solubilidade pouco diferentes emprégase a extracción múltiple a contracorrente.
-
-
PERSOEIRO
Director de orquestra e compositor. Coñecido como Franco Faccio, difundiu a obra de R. Wagner en Italia. Estreou óperas como I profughi fiamminghi (1863) e Amleto (1865).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Grupo de persoas reunidas para unha acción violenta, xeralmente política.
-
Grupos de insurxentes absolutistas durante o Trienio Constitucional (1820-1823) e, en xeral, cada un dos grupos carlistas durante o s XIX.
-
Grupo político cunha liña propia dentro dun partido.
-
-
-
Acción de guerra.
-
Acto do servizo militar como a garda, a sentinela ou a patrulla, entre outras.
-
-
Cada un dos equipos que se enfrontaban nos xogos do circo, na antiga Roma, e os seus partidarios. Distinguíanse polas cores que levaban nas súas roupas e nos arreos dos cabalos: os brancos, os vermellos, os verdes e os azuis. En Constantinopla os equipos reducíronse aos verdes e aos azuis.
-
Conxunto de trazos do rostro dunha persoa.
-
-
-
Relativo ou pertencente á facción.
-
Membro dunha facción.
-
-
PERSOEIRO
Periodista e político italiano. Foi director de Il Regime Fascista, secretario xeral do Partito Nazionale Fascista (1925-1926), membro do Gran Consiglio del Fascismo (1935) e ministro de Estado (1938). Partidario de declarar a guerra ás democracias liberais, ao final da Segunda Guerra Mundial morreu executado.
VER O DETALLE DO TERMO