equinoccio
equinoccio
(< lat aequinoctĭu)
s
m
[ASTRON]
Cada un dos puntos da esfera celeste nos que o ecuador celeste corta a eclíptica. Estes dous círculos máximos da esfera celeste -o ecuador e a eclíptica- córtanse segundo un diámetro que une dous puntos e que recibe o nome de liña dos equinoccios. O primeiro punto é o lugar polo que o Sol pasa do hemisferio austral ao boreal e denomínase equinoccio de primavera, punto vernal ou primeiro punto de Aries. O segundo punto é o lugar polo que o Sol pasa do hemisferio boreal ao austral e denomínase equinoccio de outono ou punto Libra. Cando o Sol está nun dos puntos equinocciais, o día e a noite teñen a mesma duración en todos os puntos da Terra.