"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

  • PERSOEIRO

    Paleontólogo e escritor ruso. Foi autor dunha serie de narracións de aventuras e ciencia-fición, nas que confronta a intelixencia humana cos segredos da natureza, como P’at’ rumbov (Os cinco rumbos, 1944) e Belyj rog (O corno branco, 1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Fillo de campesiños, en Petrogrado (1915) tivo contacto cos membros do movemento simbolista e co poeta A. A. Blok. En 1918 integrouse no movemento imaxinista. A súa poesía ofrece unha visión mística da sociedade, que se converte en pesimista e satírica. Escribiu Radunica (1915), Inonija (1918), Moskva Kabackaja (Moscova das tabernas, 1924) e Kapitan Zemli (O capitán da terra, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Comezou a publicar en 1949, influído por Majakovskij. Destacan as súas escolmas poéticas Tretij sneg (A terceira nevada, 1955), Obeščanije (A promesa, 1957), I drugic (Tamén os outros, 1962); o seu libro Autobiografía (1963); e das súas viaxes polo estranxeiro, o ciclo cubano, do que destacan os títulos Internacional e Tri minuty pravdy (Tres minutos de verdade). Foi un dos representantes da poesía soviética da época da desestalinización, na que destaca Nasledniki Stalina (Os herdeiros de Stalin, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Participou na Revolución de 1905 e foi un dos dirixentes da Revolución de 1917, acadando o cargo de presidente do comité central dos soviets (1923) e de presidente da URSS (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Colaborou con Lenin desde 1908, participou na Revolución de 1917 e foi membro da troica que gobernou o país entre 1922 e 1924. Se nun principio se aliou con Stalin contra Trotski, máis tarde enfrontouse a Stalin, que ordenou o seu arresto e execución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Aleksandr Oles’, foi demócrata e nacionalista e cantou a liberación do seu pobo. Algúns dos seus poemas foron incorporados ao cancioneiro popular ucraíno. Da súa produción destacan Poeziï (Versos, 1901, 1911) e Čužinoju (En terra estraña, 1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e matemático ruso. Membro da Academia de Ciencias da URSS, colaborou na teoría soviética da aplicación da programación lineal ao cálculo da planificación económica. Foi galardoado co Premio Nobel de Economía en 1975, xunto co economista estadounidense T. Koopmans, polas súas achegas á teoría da óptima localización dos recursos económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Estudiou no Instituto Politécnico de Petrogrado (San Petersburgo) e na Universidade de Cambridge. Traballou xunto con Rutherford na Universidade de Cambridge e foi director do Instituto Vavilov de Problemas Físicos de Moscova. Espacializóuse no estudo das temperaturas baixas e construíu un aparato para obter helio líquido. Tamén participou no programa espacial soviético e investigou sobre a fusión nuclear. Entre as súas obras destaca Experiment, theory, practice (Experimentos, teoría, práctica, 1980). En 1978 recibiu o Premio Nobel de Física, que compartiu con Arno Penzais e Robert Wilson, polos seus traballos na física de baixas temperaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurxo I de Serbia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador ruso. Foi o representante máis destacado do sentimentalismo ruso, que reflectiu en Bednaja Liza (A pobre Liza, 1792). Como historiador escribiu, cunha visión liberal, Istorija gosudarstva rossijskogo (Historia do estado ruso, 1816-1826).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie (e época) inferior do Carbonífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Kasimoviano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xadrecista. Foi campión mundial xuvenil (1980) e conseguiu o título de campión da URSS (1981). En 1985 conseguiu o título mundial, en Moscova, ao gañar a Anatolij Karpov, contra quen defendeu vitoriosamente o título en 1986, 1987 e 1990. En 1994 e 1995 defendeu o título da Asociación Profesional de Xadrez, creada por el mesmo como escisión da Federación Internacional de Xadrez. En 1996 converteuse no primeiro campión mundial que xogou contra un ordenador (“Deep Blue”) nunha partida con control de tempos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. Comezou a escribir poesía en ruso desde moi novo, baixo a influencia de Ivan Bunin. Loitou na Primeira Guerra Mundial e durante a Guerra Civil foi membro do Exército Vermello. Escritor popular e dotado dun gran sentido do humor, foi autor dunha das máis importantes novelas do realismo socialista soviético, Vrem’a, per’od (Tempos, adiante, 1932). Posteriormente, publicou outras novelas e narracións, ademais de teatro. En 1961 recibiu o Premio Lenin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Líder do Partido Socialista Revolucionario, foi deputado da Duma (1912). Apoiou a Revolución de Febreiro de 1917, trala que foi nomeado ministro de Xustiza e ministro da Guerra, cargos desde os que instituíu as liberdades básicas en Rusia e dirixiu a fracasada “ofensiva Kerenskij” fronte a Alemaña. Desde xullo fíxose cargo do goberno provisional como primeiro ministro ata a Revolución de Outubro, que lles deu o poder aos bolxeviques. Exiliouse en París ata que, co estoupido da Segunda Guerra Mundial, se instalou en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Moscova 1804 - Ternovskoe, Kazan’ 1860) Teólogo e filósofo. Representante do eslavofilismo, propugnou unha interpretación do desenvolvemento cultural ruso independente do individualismo occidental que, en eclesioloxía, se traduciu na unidade libre (sobornost’) da Igrexa rusa, ante a unidade soa do catolicismo ou a liberdade do protestantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vinnyc’a 1864 - Černihiv 1913) Escritor ucraíno. Demócrata revolucionario, describiu a sociedade e os acontecementos da revolución de 1905-1907, que reflite en V doroge (Polo camiño) e Os descoñecidos (1907); e a súa reacción, en Persoa grata (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Žhytomyr 1853 - Poltava 1921) Escritor ucraíno. En San Petersburgo mantivo contacto cos defensores das ideas populistas, viviu un longo período (1874-1885) de prisións, exilio e deportacións en Siberia. Da súa obra, en ruso, destaca Epizody iz žizni iskatelja (Episodios da vida dun buscador, 1879), Son Makara (O soño de Makar, 1883), que lle deu popularidade, e Slepoj muzykant (O músico cego, 1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Žhytomyr 1906 - Moscova 1966) Científico e técnico ucraíno. En 1933 interveu na creación do grupo de estudios GIRD, onde traballou no desenvolvemento do cohete de propergol líquido GIRD-09. Ocupouse tamén dunha gran parte dos proxectos cósmicos da URSS. Foi membro da Academia de Ciencias da URSS e recibiu o Premio Lenin. Deu á URSS os primeiros e máis notables éxitos espaciais. O seu nome, sen embargo, quedou no anonimato ata despois da súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Poltava 1769 - 1838) Escritor ucraíno. Primeiro clásico da nova literatura ucraína, comezou a escribir a súa Enejda en 1794 (editada postumamente en 1842), na que, empregando os personaxes e mais o ambiente de Virxilio, describiu a sociedade ucraína da segunda metade do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO