"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Xénero de herbáceas da familia das ranunculáceas ao que pertencen os paxariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade etrusca situada ao S da actual Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome derivado, ao igual que Aquiles, do grego Akilleus (Ảχιλλεύς). Aquileo é o nome dun antigo militar romano quen, como consecuencia de se converter ao Cristianismo, foi martirizado en tempos de Diocleciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar eunuco romano que, logo de se converter ao Cristianismo, desertou xunto co seu compañeiro san Nereo e a súa ama Domitila; por esta razón, foi condenado en tempos de Diocleciano e sufriu martirio na illa de Poncia. Sobre o seu sepulcro, na Ardeatina (Roma), construíuse unha basílica. A súa festividade celébrase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do grego Akilleus (Ảχιλλεύς), que chegou a nós a través do latín Achilles. É un nome de longa tradición en Grecia, quizais a pegada dalgunha lingua pregrega e, xa que logo, cunha etimoloxía difícil de clarificar. O poema épico de Homero a Ilíada desenvolve como tema central a cólera do heroe grego Aquiles, o dos pés lixeiros, quen despois de loitar contra os troianos morre no campo de batalla ao ser alcanzado no calcañar por unha frecha. A raíz deste feito fíxose moi sonada a expresión o “calcañar de Aquiles” para referirse ao único punto vulnerable do heroe aqueo. A festividade de santo Aquiles, mártir en Roma, celébrase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe mítico da Guerra de Troia, tamén chamado Aquileo, fillo de Peleo e da deusa Tetis. Rei dos mirmidóns, na cidade de Tesalia, marchou cos seus súbditos á Guerra de Troia. Enfrontado con Agamemnon, xefe da expedición aquea, pola posesión da escrava Briseida, abandonou a loita e non regresou ata que o seu amigo Patroclo morreu en combate contra Héctor, o campión dos heroes troianos e fillo de Príamo, Rei de Troia. Por mor deste feito, Aquiles desafiou a Héctor a un combate singular no que conseguiu matalo, o que, segundo a profecía que o propio Aquiles coñecía, daría lugar á súa morte pouco despois. En efecto, o príncipe Paris, irmán de Héctor e raptor de Helena, muller de Menelao, irmán de Agamemnon (feito que disculpara o inicio da guerra dos gregos contra o estratéxico enclave troiano), matouno disparándolle unha frecha ao calcañar, único punto vulnerable do heroe. A figura de Aquiles, eixe da historia que deu lugar á Ilíada de Homero, aparece en abundantes obras posteriores,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Das obras que conservamos del destacan As aventuras de Leucipo e Clitofonte, novela de gran difusión no Imperio Bizantino e que máis tarde influíu na narrativa renacentista europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendón do home, de inserción dos músculos posteriores da perna (xemelgos e sóleos) no calcaño. A súa rotura causa a imposibilidade de estender voluntariamente o pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia de zume gástrico (aclorhidria) ou escasa presenza de ácido clorhídrico (hipoclorhidria) que produce trastornos na dixestión e diarreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estipulación establecida por Caio Aquilio Galo segundo a cal as partes contratantes realizaban un anovamento (anovatio) que substituía, por medio dunha obrigación verbal, tanto as relacións obrigatorias existentes entre as partes como calquera outra relación que estas se propuxeran alterar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fición legal pola que se autoriza aos posuidores de boa fe, usufrutuarios e outras persoas que teñan algún dereito ou interese sobre unha cousa que recibira dano ou prexuízo algún pola actuación doutra persoa, a poder reclamar xudicialmente coma se fosen propietarios.

    2. Fórmula creada por Caio Aquilio Galo que permitía instituír herdeiros aos netos que nacesen despois da morte do testador.

    3. Fórmula creada por Caio Aquilio Galo, contemporáneo de Cicerón, empregada para extinguir, por medio da aceptación, o débito transformado en obrigación verbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei votada en Roma a instancias do tribuno Lucio Aquilio (s III a C) que inicia o regulamento do sistema de indemnización dos danos ocasionados tanto ás cousas animadas -escravos, animais- como ás inanimadas dun particular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Portaestandarte do exército romano que levaba a insignia nunha lexión, esta adoitaba conter a representación dunha aguia, animal sacro de Xúpiter, como símbolo da autoridade imperial, así como a sigla SPQR (Senatus Populusque Romanorum, O Senado e o Pobo dos Romanos) como expresión de onde proviña o poder que ao estamento militar se lle confería, e a quen había servir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente á aguia ou semellante a ela.

    2. Que presenta forma aguzada, semellante ao pico dunha ave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Evreux (Francia) e patrón da abadía de Cluny.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín Aquilinus ‘que ten a natureza da aguia’. Este é un dos nomes que expresan a admiración polas calidades que teñen certos animais; non en balde, a aguia era o animal sagrado de Xúpiter. Non obstante , podería tratarse tamén nalgún caso da adxectivación do nome de Aquiles, equivalendo a “da familia de Aquiles”. É probable que deste nome derive o topónimo Aguiño, posto que xa na Idade Media aparece documentada a forma Aguiiño. Santo Aquilino (s VII), bispo de Evreux (Francia) e patrón da abadía de Cluny, ten varias celebracións: o 4 de xaneiro, o 29 de xaneiro, o 4 de febreiro, o 16 de maio, o 17 de maio e o 19 de outubro. A forma familiar de Aquilina é Cuqui.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao barco que ten quilla, que non ten o fondo plano.

    2. Que ten forma de quilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma do demostrativo de xénero neutro e número singular. As formas neutras non teñen variación de número e só poden funcionar como substantivos, é dicir, como núcleo dunha frase nominal (

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Norte, polo ártico.

    2. Vento que sopra do norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Organista e compositor francés. Aos seis anos xa tocaba o clavicordio e aos oito xa compuxo unha cantata que el mesmo dirixiu. Foi o organista da Sainte-Chapelle (1706), de Saint-Paul (1727), dos Cordeliers (1732), da Capela Real, onde sucedeu a Andrieu (1739), e de Notre-Dame. Entre as súas obras están a cantata Circe, un libro de sonatas para clavecín (1735) e unha colección de vilancicos.

    VER O DETALLE DO TERMO