"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Ourense en novembro de 1980 subtitulada “Revista galega de socio-pedagoxía e sociolingüística”. Tivo unha periodicidade bimestral e logo pasou a ser anual. Editada por Promocións Culturais Galegas e promovida pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), incluíu información relacionada coa pedagoxía, a didáctica, a psicoloxía, a historia e a sociolingüística de Galicia. Crítica coas administracións públicas, tentaba ofrecer estudios e artigos de investigación de interese para os membros da comunidade educativa. A partir do nº 7 (1984) deixou de existir como publicación da AS-PG, aínda que continuou varios anos como revista publicada pola Associaçom Sócio-Pedagógica Galaico-Portuguesa (AS-PGP), unha escisión/derivación da AS-PG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colorante acídico, do grupo do trifenilmetano. Obtense por nitración da 4’,5’-dibromofluoresceína. Forma agullas vermellas insolubles na auga. Emprégase para tinguir de cor rosa o algodón, a la e a seda, tamén se utiliza na impresión de carteis, na fabricación de tinturas vermellas e en histoloxía para colorar epitelios, núcleos, fibras musculares e outras preparacións histolóxicas. Denomínase tamén eosina I ou eosina azul. Hai un tipo distinto de eosina, a eosina amarela, que ten os dous grupos nitro substituídos por dous átomos de bromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia no sangue dun exceso de leucocitos eosinófilos, cando é maior ao 5% ou cando o número absoluto de eosinófilos no sangue é superior a 600 por mm3. Unha eosinofilia moderada dáse nas enfermidades alérxicas, en enfermidades da pel, nas parasitoses intestinais, en enfermidades autoinmunes, entre outras. Na triquinose, na ascariase, na síndrome hipereosinofílica e na leucemia por eosinófilos prodúcense eosinofilias moi importantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á eosinofilia.

    2. Termo xenérico que se emprega para indicar un conxunto de procesos morbosos, causados pola acumulación excesiva de eosinófilos en diversos órganos, que cursan, ademais, con eosinofilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha grande afinidade pola eosina.

    2. ariedade de leucocito polinuclear que presenta granulacións citoplasmáticas grosas, que se tinguen con colorantes ácidos como a eosina. Entre as súas funcións destacan a regulación da resposta alérxica e a produción de enzimas capaces de destruír parasitos. Constitúen entre o 1 e o 4% dos leucocitos, aínda que este número pode aumentar en certos estados patolóxicos como a triquinose, a asma bronquial ou a leucemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deficiencia anormal de leucocitos eosinófilos no sangue periférico, que se produce cando a súa concentración é inferior a 35 por mm3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal disódico da 2’,4’,5’,7’-tetraiodofluoresceína que se emprega como colorante en histoloxía, en alimentación e en cosmética. Está constituído por pos de cor acastañada e un colorante moi parecido á eosina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe xermánica, composto de irmin ‘grande, poderoso’ e sinths ‘forte’. Xa se documentan en textos temperáns as variantes Ermosinda, Hermosinda e Hermesinda, e os hipocorísticos Sinda e Ermosa. Deste nome derivan varios topónimos como Ermosende (Galdo, concello de Viveiro). Levaron este nome, entre outras, unha abadesa (s X), irmá de san Rosendo; a Raíña Ermesinda de Asturias (s VIII), filla de Paio I; e Ermesinda de Carcassonne (ss X-XI), muller de Ramón Borrell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Asturias, filla de Paio I e irmá do Rei Fáfila. O seu home, o Rei Afonso I o Católico (739-757), recibiu a coroa trala morte de Fáfila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condesa de Barcelona, muller de Ramón Borrell. Axudou o seu home na reconstrución do país tralas campañas de Almanzor e acompañouno nalgunhas expedicións militares. Ao quedar viúva (1017), gobernou como titora durante a minoría do seu fillo Berenguer Ramón I. Trala morte do seu fillo (1035), volveu gobernar como titora do seu neto Ramón Berenguer I o Vello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante de Ermesinda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escolas fundadas pola Irmandade da Fala da Coruña, en xullo de 1923, baixo o pulo do editor galeguista Ánxel Casal Gosenxe, que tiñan como obxectivo traballar a prol da galeguización do ensino. Non obstante , e nunha aparente contradición, as súas bases, publicadas en A Nosa Terra, estipulaban que o ensino destas escolas, de carácter privado, faríase en castelán; na práctica, segundo os testemuños de Xenaro Mariñas del Valle e doutros ex-alumnos, a lingua empregada na maioría das clases era o galego. A finais de 1923 A Nosa Terra informaba de que o proxecto continuaba, feito que significa que se acolleran ao dereito que recoñecía a Real Orde (1923), promulgada polo goberno de Primo de Rivera, de poder ensinar os dialectos ou linguas rexionais no ensino privado e particular, pero non nos establecementos docentes oficiais. En maio de 1924 comezaron a súa andaina educativa con vinte rapaces e nos anos en que funcionou, ata 1930, pasaron por ela uns cen alumnos, sempre ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina, serosa, que é un aminodialcohol insaturado. Prodúcese na hidrólise dos esfingolípidos. A acilación do seu grupo -NH2 con ácidos graxos de cadea longa orixina a ceramida. É un dos constituíntes dos compoñentes das membranas biolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterrei baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente. Casou con Aleixo III Anxo de Bizancio e induciu o seu esposo a usurparlle o trono ao seu irmán Isaac II (1195). A cobiza da parella levou en 1203 a Aleixo IV Anxo de Bizancio ao trono coa axuda dos cruzados. Retida polo novo emperador, reuniuse un ano máis tarde co seu home e enfrontáronse en Macedonia a Bonifacio de Montferrato. Refuxiouse en Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro satélite de teledetección da ESA lanzado en 1991 na versión ERS-1. Ten como misión controlar o estado do planeta: o nivel das mareas e a altura das ondas dos océanos, a interrelación entre a atmosfera e os océanos, o avance ou o retroceso dos xeos polares, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade, adquirida ou herdada, que se caracteriza por un transtorno dos túbulos proximais do ril, de causa descoñecida. A forma hereditaria provoca acidose tubular renal, glicosuria, fosfaturia, aminoaciduria, hipopotasemia, raquitismo, poliuria e polidipsia; asociada á cistinuria aparece, ademais, retraso do crecemento e insuficiencia renal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacete construído en Roma polo banqueiro Agostino Chigi (1509-1511). Construírono Peruzzi e Rafael, que tamén realizou a decoración. En 1878 as escavacións descubriron unha vila romana do s I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Albumina que contén certas sementes, codias ou outros tecidos vexetais, e que se caracteriza polo feito de producir a aglutinación dos eritrocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en 1932 por 26 sociedades campesiñas dos concellos de Cambre, Culleredo, Oleiros e Carral. Foi a única federación comarcal integramente campesiña con que contou a Confederación Regional Galaica. O seu principal alicerce foi a Unión Campesina Republicana de San Pedro de Nós (Oleiros, 1931), composta por veciños retornados de América. En 1933 agrupaba a 1.600 afiliados. Foi reorganizada durante a Fronte Popular debido á represión posterior á folga xeral convocada pola CNT en nadal de 1933 e ao fracaso da revolución de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO