Fanconi, síndrome de

Fanconi, síndrome de
[PAT]

Enfermidade, adquirida ou herdada, que se caracteriza por un transtorno dos túbulos proximais do ril, de causa descoñecida. A forma hereditaria provoca acidose tubular renal, glicosuria, fosfaturia, aminoaciduria, hipopotasemia, raquitismo, poliuria e polidipsia; asociada á cistinuria aparece, ademais, retraso do crecemento e insuficiencia renal.

Palabras veciñas

Fancelli, Domenico | fanchón | Fanconi, enfermidade de | Fanconi, síndrome de | fandangada | fandango | fandangueiro -ra