Fanconi, enfermidade de
Fanconi, enfermidade de
[PAT]
Tipo de anemia aplástica, de carácter hereditario, que afecta aos nenos de entre cinco e dez anos. Caracterízase por pancitopenia, alteracións cromosómicas, malformacións conxénitas, manchas na pel e atraso do crecemento. Denomínase tamén panmielopatía hipoplástica constitucional.