Fancelli, Domenico
Fancelli, Domenico
Escultor. Formouse no obradoiro de Donatello e introduciu o estilo renacentista en Castela e Andalucía, onde se trasladou para montar o sepulcro do cardeal Diego Hurtado de Mendoza da catedral de Sevilla que realizara en Xénova entre 1508 e 1510. Das súas obras destacan os sepulcros do príncipe Xoán en Santo Tomás de Ávila (1513) e dos Reis Católicos na capela Real de Granada, labrado en Xénova en 1517 e instalado en 1522. Para a mesma capela encargáronlle os sepulcros de Filipe o Fermoso e de Xoana a Tola pero non chegou a realizalos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Settignano -
Deceso
Lugar : Zaragoza