Fancelli, Cosimo

Fancelli, Cosimo

Escultor. Colaborou con Pietro da Cortona na realización de esculturas e relevos que decoraban as súas igrexas, entre outras, en Santa Maria in Via Lata. G. L. Bernini encargoulle a realización do Angelo del Volto Santo (Anxo do rostro santo, 1668-1669), da ponte Sant’Angelo de Roma. O seu irmán Giacomo Antonio Fancelli (Roma 1619-1671) foi tamén escultor e colaborou con Bernini, entre outras obras, na decoración da basílica de San Pedro do Vaticano.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Roma

  • Deceso