Fanconi, síndrome de
Fanconi, síndrome de
[PAT]
Enfermidade, adquirida ou herdada, que se caracteriza por un transtorno dos túbulos proximais do ril, de causa descoñecida. A forma hereditaria provoca acidose tubular renal, glicosuria, fosfaturia, aminoaciduria, hipopotasemia, raquitismo, poliuria e polidipsia; asociada á cistinuria aparece, ademais, retraso do crecemento e insuficiencia renal.