"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de lexitimar.
-
-
Acción de libar.
-
Cerimonia relixiosa frecuente na Antigüidade, especialmente en diversas culturas do Mediterráneo, que consistía na ofrenda de líquidos (auga, viño, leite, mel, perfumes ou aceite) puros ou mesturados, en honor dos deuses ou durante a celebración das cerimonias funerarias e, probablemente, repetidas ciclicamente sobre as tumbas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compilación de leis realizada no s VII, no Reino Visigodo, por iniciativa de Recesvinto no VIII Concilio de Toledo (653) para unificar a lexislación dos godos e dos hispano-romanos. Dividíase nun título preliminar e 12 libros, subdivididos en 54 títulos e 578 leis. Os diversos elementos que o integran conservan a súa personalidade e a súa indicación de procedencia. Contiña 324 leis procedentes do anterior código godo, denominadas antiquae; 99 leis elaboradas en vida de Khindasvinto, 87 leis propias de Recesvinto, 3 leis de Recaredo, e 2 de Sisebuto. Ocúpase do dereito político, civil, penal e procesual e afecta a algúns aspectos do dereito eclesiástico. Con Ervixio producíronse importantes modificacións nas leis do código, polo que desde esa época pasou a denominarse Código de Ervixio. En Castela o Liber Iudiciorum foi coñecido tamén como o Forum Iudicum ou Lex Visigothorum, satisfixo plenamente as necesidades lexislativas e coexistiu durante...
-
-
Acción e efecto de liberar ou de liberarse.
-
Interpretación teolóxica cristiá da salvación ou da liberación que recorre a teorías sociais, políticas e económicas na súa metodoloxía. O concepto foi empregado por primeira vez en América Latina a finais da década de 1960 por Rubén Alves, Gustavo Gutiérrez, Hugo Assmann, Leonardo Boff e outros teólogos católicos e protestantes preocupados pola pobreza estrutural (xurdiu concretamente da II Conferencia General del Consejo Episcopal Latinoamericano, celebrado en Medellín en 1968). Baséase en sistemas teóricos de dependencia e nunha análise e crítica marxista ao papel da relixión na sociedade, así como en varios temas bíblicos fundamentais. Procura un proxecto social que ten como obxectivo transformar a sociedade de xeito que se superen as condicións de pobreza, opresión e violencia, entendendo a Igrexa como unha comunidade ao servizo do pobo, e a súa xerarquía e organización só é lexítima en tanto que preste este servicio.
-
-
-
Acción e efecto de liberalizar.
-
Desregulación das transferencias internacionais de capitais feita por un estado ou por varios, como a UE ou a OCDE, e que tende a liberalizalas. Afecta aos controis de cambios, aos pagamentos e cobros, aos valores e ás contas bancarias.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos libiofenicios.
-
Individuo do pobo libiofenicio.
-
Pobo mencionado por Diodoro, Éforo e Avieno que habitaba na costa mediterránea de Andalucía e descendía probablemente dos colonos fenicios e da poboación local, os bástulos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento aparente de oscilación que presenta o disco lunar respecto a un observador terrestre. Gracias á libración, a rexión total da Lúa observable desde a Terra resulta aumentada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto das membranas que recobren o feto e que se expulsan no parto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada na Coruña e integrada por Xosé Ramón, director de escena, e Miguel Pernas, actor. Os seus obxectivos son afrontar os retos do novo milenio desde unha perspectiva da produción e xestión teatrais totalmente aberta, coincidente co que vai ser o parámetro esencial do futuro próximo, a liberdade. Dos seus espectáculos destacan Mourenza (1995-1996), O Barbeiro de Sevilla (1997), Cyrano de Bergerac (1999, premio ao mellor espectáculo nos IV Premios María Casares), Otelo (2000), A morte e a doncela (2001), As obras completas de Will Shakespeare (Abreviadas) (2002) e Os cárceres do olvido (2003).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Séfer Yĕ Palatino; ṣ irà.
-
-
Que se deixa levar por unha liberdade excesiva, entregado a costumes relaxados e a vicios, especialmente sexuais.
-
Que toma demasidas liberdades.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Licia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Licia.
-
Antiga lingua da familia anatólica do phylum indoeuropeo que se falaba en Licia e que se documenta nalgunhas inscricións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de licitar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de licuar ou licuarse.
-
-
Acción e efecto de licuar ou licuarse.
-
Proceso que só se pode efectuar por debaixo da temperatura crítica. Cando esta temperatura é inferior á temperatura ambiente, fálase de condensación, no caso contrario, denomínase propiamente licuefacción, a pesar de que, desde un punto de vista físico, se trata do mesmo fenómeno. Para acadar a licuefacción pode someterse o gas a compresión, a refrixeración ou ben a ambas as dúas operacións combinadas. O primeiro sistema que se empregou foi a refrixeración. O segundo sistema, empregado por primeira vez por C. von Linde en 1895, fundamentóuse no efecto Joule-Thompson, co que se poden obter temperaturas moi baixas. En 1902, G. Claude introduciu unha modificación ao método Linde, na que, mediante presións elevadas, se aproveita a expansión para producir un traballo exterior.
-
fusión.
-
Procedemento que se emprega para obter gasolina e outros produtos enerxéticos a partir do carbón. O procedemento máis utilizado é o de Fischer-Tropsh.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de análise clínica para a determinación do colesterol, que foi descuberta en 1885.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento agrarista constituído en Madrid o 30 de xuño de 1910, despois dunha serie de reunións no Centro Galego en que participaron, entre outros, Portela Valladares, Basilio Álvarez, Alfredo Vicenti, Emilio Rondal e Prudencio Landín. Contou con tres directores, A.Vicenti, E. Vincenti e Portela Valladares, e tiña como secretario a Basilio Álvarez. O seu programa concentrábase na redención foral. Apoiado polos republicanos pontevedreses, o Directorio de Teis e a prensa republicana madrileña, a revista Acción Gallega serviulle de voceiro. Organizou unha campaña de mitins en Pontevedra e Lugo protagonizada por Portela Valladares, en que se enfrontou cos seus rivais dentro do partido liberal. Disolveuse rapidamente polas diferencias entre os seus membros e despois da desaparición de Acción Gallega, en setembro dese ano, o distanciamento dos seus líderes levou á súa extinción no mes de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político de ámbito nacional vinculado ao trotskismo fundado entre 1970-1971 a partir do grupo catalán Comunismo. Despois da separación da Liga Comunista (1972), fusionouse con ETA-VI Asamblea, unha escisión obreirista, o que lle deu unha especial implantación en Euskadi (1973). Nos comicios de xuño de 1977 impulsou a coalición da Frente para la Unidad de los Trabajadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización da esquerda revolucionaria portuguesa fundada en 1967. A súa primeira actuación foi o asalto ao Banco de Portugal en Figueira da Foz o 17 de maio dese ano. Apoiou os membros da UPG en Portugal a partir de 1974.
-
-
Acción e efecto de lignificar ou lignificarse.
-
Proceso de intercalación de lignina na matriz celulósica da parede celular da célula vexetal.
-