"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

    1. Procedemento para obter gravados en profundidade que constitúe unha variante fotomecánina da augaforte, en que unha prancha de cobre é gravada quimicamente a través dunha capa de xelatina fotosensible, con dicromato potásico, que leva impresionada a imaxe.

    2. Impresión obtida polo procedemento do rotogravado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reproducir por medio do rotogravado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación xeográfica británica creada en 1830 en Londres co propósito de promover e axudar aos estudos e ás investigacións de orde xeográfica. Foi a terceira asociación deste tipo creada no mundo. Publica desde 1893 o Geographical Journal. En 1995 fusionouse co Institute of British Geographers.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral fundada en Ourense en 1979. Dirixida por M. Vidal, realizou diversos recitais poéticos dedicados a Celso E. Ferreiro, E. Blanco Amor e F. M. Delgado Gurriarán, ademais de distintos espectáculos, como Os baralláns (1980), de Blanco Amor; Hércules e o estábulo de Auxias (1985), de F. Dürrenmatt; e O saco das noces (1985) de A. M. Pires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Pepe Rubianes, iniciouse co grupo Dagoll Dagom en Barcelona nos espectáculos No hablaré en clase (1977) e Antaviana (1978), e con Teatre Lliure en Operación Ubú (1981). A partir de 1981 comezou a traballar en solitario creando espectáculos como Pay-Pay (1983), Sin palabras (1987), Ssscum! (1992) e Rubianes, solamente (1987). Tamén realizou diversos traballos de interpretación nos filmes Barrios altos (1987) e El crimen del cine Oriente (1997). Recibiu o Premio Especial de la Crítica (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para comprobar, dados un polinomio p(x) e un valor a, se este valor é solución da ecuación p(x) = 0, é dicir, se x-a divide o polinomio p(x). O método dá, ademais, o polinomio p(x)/(x-a), e así, sucesivamente, pódese chegar por reiteración a determinar todas as solucións reais do polinomio. Este método é de especial utilidade con polinomios de grao superior a tres, porque a resolución é moi complicada, e sobre todo no caso dun grao superior a cinco, en que non existe tal resolución alxébrica por cuadraturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa ortodoxa baixo o patriarcado de Moscova. Rusia recibiu o cristianismo de Constantinopla, pero baixo a influencia eslava, que xa se establecera en Bulgaria. O intento de unión con Roma por parte do metropolita Isidoro de Kiev no Concilio de Ferrara-Florencia (1437-1439) levou á separación de Constantinopla (1444) e ao nomeamento de Xonás de R’azan como metropolita de Moscova e de toda a Rusia (1448). Coa toma de Constantinopla polos turcos (1453), foi confirmada a independencia da nova igrexa e formulada a teoría de Moscova como a terceira Roma. En tempos de Pedro I de Rusia o Grande (1682-1725) suprimiuse o patriarcado (1700), que foi substituído polo Santo Sínodo, un órgano puramente administrativo, coa presenza dun procurador imperial. A restauración do patriarcado (1917) non significou a emancipación pois malia a separación entre a Igrexa e o Estado (decreto dos bolxeviques de 1922), o nomeamento do patriarca quedaba supeditado ao goberno. En 1988 tivo lugar a celebración...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra do SL da Península Ibérica, pertencente ás serras Subbéticas, situada ao NL da provincia de Granada. O seu cumio acada os 2.381 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Naturalista, economista e pensador. Estudou varias materias científicas na Escola de Náutica e Navegación do Consulado do Mar e en 1813 trasladouse a Santiago ao Colexio militar de san Clemente; no curso 1816-1817 estudou matemáticas sublimes, cos profesores Domingo Fontán e Xosé Rodríguez, e terminou estudos na Universidad de Madrid, cidade na que en 1819 escribiu o primeiro comentario español de que se ten noticia sobre E. Kant na Crónica Científica y Literaria, e un ano despois participou na fundación do Ateneo Científico y Literario. Neste momento o seu apoio aos liberais permitiulle acceder ás áreas de xestión gobernamental. En 1921 foi enviado en misión comercial a La Habana, pero regresou á Coruña ese mesmo ano, onde, xunto con Casiano de Prado, fundou a revista El Conservador Constitucional, de ideoloxía liberal e antiabsolutista. O 25 de xuño de 1823 volveu a La Habana onde permaneceu ata 1835. Alí dirixiu o Jardín Botánico e ocupou a cátedra de Botánica na Escuela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xu-rista, irmán de Ramón de la Sagra. Emigrou a Montevideo para encargarse dos negocios do seu pai (1801), onde combateu como sarxento primeiro da Compañía Voluntaria de Cazadores Urbanos e como subtenente no Batallón del Comercio (1811). Foi secretario da Cámara de Apelaciones da Provincia Oriental e membro do Superior Tribunal de Justicia de Uruguay (1838-1843) e, durante a Guerra Grande (1843-1851), pertenceu ao Consejo de Estado e a Asamblea de Notables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo expiatorio situado en Barcelona. Iniciado pola Associació Josefina, o proxecto oficial fíxoo Francesc de P. Del Villar pero en 1883 fíxose cargo da obra Antoni Gaudí, que optou por modificar o proxecto primario sen facer un de novo. Proxectou un templo de planta basilical con 5 naves e un cruceiro de 3 naves cun ciborio de 170 m de altura, e tres fachadas: a do Nacemento (declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2005), a da Gloria, a principal, e a da Paixón, cada unha con 4 campanarios. Antes da morte de Gaudí construíronse a ábsida e a fachada do Nacemento. Durante a Guerra Civil Española queimáronse a cripta, o taller de Gaudí e as maquetas que este realizara de todo o conxunto. En 1940 comezou a restauración da cripta e a reconstrución das maquetas e a obra reiniciouse en 1954 coa fachada da Paixón. Desde entón continuouse coa construción das naves e do cruceiro. A obra de Gaudí varía dunha libre e imaxinativa interpretación do neogótico, ao modernismo da fachada do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada na península do Barbanza entre a do Castro e a praia Caaveiro, na parroquia de Noal (Porto do Son).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre a parroquia de Santo André de Logares (A Fonsagrada) e Asturias. O seu cumio acada os 828 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflitos desencadeados pola anfitionía de Delfos para defender os dereitos do santuario da cidade. Serviron para dar saída á rivalidade dos tebanos e dos tesalios contra os focenses. Os conflitos provocaron catro guerras entre 595 a C e 336 a C que acabaron coa invasión e o dominio de Grecia por parte de Filipo II de Macedonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está relacionado coa divindade, coa relixión e cos seus misterios. Concepto fundamental no estudo das relixións que se contrapón a profano. Emile Durkheim (1897), seguindo a R. Smith (1894), foi o primeiro que definiu a oposición sagrado-profano: o sagrado é o separado, o prohibido, e o culto mantén a barreira entre o sagrado e o profano, que son incompatibles e antagónicos. O mundo do sagrado é o ámbito dos tabús, o mundo dos imperativos categóricos negativos. E. Durkheim e M. Mauss identificárono totalmente co social, o profano era o ámbito do individual non sancionado polo grupo. N. Söderblom (1913) puxo de relevo que o sagrado era a noción máis importante da relixión, ata incluso máis esencial ca a idea de Deus. Rudolf Otto en Das Heilige (1917) situouse nesta mesma liña e puxo toda a énfase no sagrado como fascinosum e tremendum, é dicir, asemade como atraente e repulsivo.

    2. Que é merecedor de ser tratado con respecto e veneración.

    3. Que é obxecto de reverencia relixiosa.

    4. Que ten a condición de inviolable.

    5. Lugar bendito, sobre todo o adro da igrexa ou o cemiterio.

    6. Biblia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar o 23 de outubro de 1086 nas ribeiras do río Zapatón, preto de Badajoz, entre o exército almorábide e Afonso VI, aliado con Sancho Ramírez de Aragón e con Álvar Háñez de València. A vitoria de Yūsuf ibn Tašfīn significou a posibilidade da entronización almorábide na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se pon e garda o Santísimo. Nos primeiros tempos do cristianismo, sen regras fixas para a restrición eucarística, era situado debaixo da mesa do altar, no muro da ábsida ou na sancristía.

    2. Sala anexa aos templos da antiga Roma, onde eran gardados os obxectos e paramentos de culto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Conxunto de illas do Océano Atlántico situadas fronte á punta Falcoeiro, na parroquia de Aguiño (Ribeira), pertencentes ao arquipélago de Sálvora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do extremo suroriental da Península Ibérica, en Algarve, Portugal, situado ao SO de cabo de São Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO