Sagradas, Guerras
Sagradas, Guerras
Conflitos desencadeados pola anfitionía de Delfos para defender os dereitos do santuario da cidade. Serviron para dar saída á rivalidade dos tebanos e dos tesalios contra os focenses. Os conflitos provocaron catro guerras entre 595 a C e 336 a C que acabaron coa invasión e o dominio de Grecia por parte de Filipo II de Macedonia.