"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Aplícase ás palabras ou ás expresións da lingua celta que se incorporaron ao latín.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera tipo de material plástico que, mesturado cun líquido, se volve adhesivo e capaz de unir fragmentos ou masas sólidas.

      1. Materiais en po, constituídos fundamentalmente por compostos de calcio (cementos calcarios) que amasados con auga dan pastas plásticas, coñecidas como pasta de cemento, que permiten a adhesión adecuada de pedras, ladrillos, etc. As transformacións químicas entre os compoñentes do cemento e a auga de amasadura prodúcense durante o fraguado do cemento (perda da plasticidade da masa e aumento da súa rixidez) e o endurecemento posterior (aumento gradual de resistencia mecánica do material ríxido). Cos cementos fabrícase morteiro (con area e pasta de cemento) e formigón (con area, pasta de cemento, grava ou pedras). O cemento máis importante é o cemento pórtland, resultado da moenda conxunta do clinker de pórtland e dunha cantidade de sulfato de calcio que regula o fraguado. O proceso de clinkerización ten lugar en fornos, nos que se quenta unha mestura de materiais arxilosos e calcarios de gran finura ata a súa fusión parcial. O clinker...

      2. cemento armado

        Formigón que se reforza con varas de ferro para que sexa máis resistente.

    2. Substancia sólida que se estabiliza entre as partículas dun solo. Entre os cementos máis frecuentes hai compostos de ferro, aluminio, silicio, arxila, carbonato ou sulfato de calcio.

    3. Materia mineral, precipitada quimicamente nos espacios intergranulares dunha rocha sedimentaria detrítica, que xunta os grans e lles dá coherencia.

    4. Substancia empregada para a cementación dun metal.

    5. Substancia dura, de estrutura parecida á do tecido óseo, que recobre a dentina da raíz dos dentes.

    6. Pedra sen labrar ou partículas de mármore, segundo o tratado arquitectónico de Vitrubio. Os romanos facíano a base de arxilas e calcarias que se cocían a altas temperaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual deste grupo de empresas, con sede en Vigo, editada a finais dos anos noventa do s XX, baixo a dirección de José I. García Lomas y Mata e Aniceto Puente Fernández. Inclúe artigos relacionados coa empresa e co eido industrial. Destaca polos seus artigos técnicos, ilustrados con fotografías en cor e múltiples gráficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e caricaturista. Desenvolveu a súa curta carreira artística en Madrid, onde coñeceu, entre outros, a Manuel Murgía, Serafín Avendaño e Federico Ruiz. Realizou paisaxes e retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, ao SO da provincia (1.898 h [1996]). Sitúase nos arredores da serra de Gredos, á beira do río Alberche. A súa economía baséase na agricultura e na gandería. A igrexa parroquial é gótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa protoplasmática plurinucleada. Trátase de plasmodio cando os núcleos proveñen da división repetida dun núcleo orixinal e de síncito cando resultan da fusión dos citoplasmas dunhas cantas células independentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gameto plurinucleado.

    2. Cenobio con numerosos núcleos do gametanxio dalgúns zigomicetos (por exemplo os do xénero Mucor), que non chegan a constituír gametos diferenciados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Central Treaty Organization.

    2. Dez veces dez. OBS: Utilízase a forma cento cando vai seguida dun cuantificador que se suma (

    3. Que nunha serie ocupa o lugar que se indica. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e cando non vai seguido de ningunha palabra utilízase a forma apocopada cen.

    4. Conxunto de cen unidades dunha mesma especie.

    5. Gran cantidade de cousas ou persoas que se contan por centenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dez veces dez. OBS: Utilízase a forma cento cando vai seguida dun cuantificador que se suma (

    2. Que nunha serie ocupa o lugar que se indica. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e cando non vai seguido de ningunha palabra utilízase a forma apocopada cen.

    3. Conxunto de cen unidades dunha mesma especie.

    4. Gran cantidade de cousas ou persoas que se contan por centenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Central Treaty Organization.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, de cuncha de cor vermella, rosa ou branca, moitas veces con incrustacións de algas, tubos de poliquetos e esponxas. É groso e espiñento, de ata 18 cm de longo e 20 cm de ancho, con dúas longas espiñas entre os ollos que aparecen sobre pedúnculos longos e arqueados. Presenta un abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax; nos machos é pequeno e estreito e nas femias delgado e ovado. As patas son moi peludas e robustas, co primeiro par de menor lonxitude pero con pinzas estreitas. Vive sobre a area e entre rochas, dende o infralitoral ata os 50 m de profundidade. Ten movementos lentos e leva unha vida sedentaria; aliméntase, principalmente, de briozoos e hidrarios. Capturado con nasas e arrastre, a súa carne, branca e de delicado sabor e aroma, é singularmente apreciada. O seu mellor momento de consumo é o inverno, e adoita cocerse en auga con sal e loureiro. Os machos tamén reciben o nome de cáncaros ou cáncamos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da illa Sisarga Grande, no litoral do concello de Malpica de Bergantiños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Carreira, concello de Ribeira. Está situada na enseada de Carreira e separa as praias do Castro, que está ao N, e a do Carreiro de Centoleira, localizada ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta e enseada do extremo setentrional do cabo Udra, na beira meridional da ría de Pontevedra e no litoral da parroquia de Beluso, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, de cuncha de cor vermella, rosa ou branca, moitas veces con incrustacións de algas, tubos de poliquetos e esponxas. É groso e espiñento, de ata 18 cm de longo e 20 cm de ancho, con dúas longas espiñas entre os ollos que aparecen sobre pedúnculos longos e arqueados. Presenta un abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax; nos machos é pequeno e estreito e nas femias delgado e ovado. As patas son moi peludas e robustas, co primeiro par de menor lonxitude pero con pinzas estreitas. Vive sobre a area e entre rochas, dende o infralitoral ata os 50 m de profundidade. Ten movementos lentos e leva unha vida sedentaria; aliméntase, principalmente, de briozoos e hidrarios. Capturado con nasas e arrastre, a súa carne, branca e de delicado sabor e aroma, é singularmente apreciada. O seu mellor momento de consumo é o inverno, e adoita cocerse en auga con sal e loureiro. Os machos tamén reciben o nome de cáncaros ou cáncamos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta que constitúe o extremo máis setentrional da illa de Ons, no O da ría de Pontevedra e no litoral da parroquia da Illa de Ons, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote do extremo occidental da ría de Pontevedra, situado ao N da illa de Ons, fronte á punta Centolo, no litoral da parroquia da Illa de Ons, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manta ou tea feita de farrapos.

    2. Composición literaria en verso ou en prosa que resulta da combinación de fragmentos pertencentes a outras obras dun ou de varios autores. O máis antigo conservado é a traxedia Medea de Hosidius Geta (s I), feita a partir de versos de Virxilio. No mundo do teatro do s XVI e, en concreto, na chamada Commedia dell’Arte, designaba un texto breve redactado polo actor que contiña unha suma do seu repertorio escénico. Por extensión, aplícase á obra literaria considerada pouco orixinal, sobrecargada de citas, referencias ou calcos doutros textos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se achega ou tende a achegarse ao centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade creada en 1984 por Manuel Sendón, Xosé Luís Suárez Canal e Vítor Vaqueiro. A súa actividade principal é a organización, cada dous anos, da Fotobienal de Vigo (mostra fotográfica realizada en Vigo). Arredor das exposicións organízanse conferencias, proxeccións e obradoiros, que contan coa participación dos fotógrafos invitados. O acondicionamento da sala principal para acoller as exhibicións, que se realiza na Casa das Artes e da Historia, encárgaselles anualmente a diferentes arquitectos e deseñadores galegos de vangarda. Ademais o CEF dispuxo dunha sala estable dedicada á fotografía, Sala dos Peiraos, que funcionou entre os anos 1985 e 1991, e na que se presentaban periodicamente mostras de fotógrafos de todo o mundo, como Brandt, ao tempo que se daban a coñecer novos creadores galegos. Tamén organizou outras mostras de carácter puntual en diversas cidades. O CEF edita, ademais dos catálogos correspondentes a cada unha das Fotobienais, outros libros, entre os que destaca a colección...

    VER O DETALLE DO TERMO