cento
(< lat centu)
-
cuant
Dez veces dez. OBS: Utilízase a forma cento cando vai seguida dun cuantificador que se suma (
Ex: cento un, cento dous, cento tres, cento catro, etc, pero cen mil, cen millóns, cen billóns, etc) e cen cando vai seguida dun substantivo, aínda que leve un adxectivo anteposto (Ex: cen libros, cen interesantes libros).
-
adx
Que nunha serie ocupa o lugar que se indica. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e cando non vai seguido de ningunha palabra utilízase a forma apocopada cen.
Ex: Chegou no posto cento catro á meta. Chegou no posto cen.
-
s
m
Conxunto de cen unidades dunha mesma especie.
Ex: Comprou un cento de cebolas na praza.
-
s
m
Gran cantidade de cousas ou persoas que se contan por centenas.
Ex: Agasallou os nenos con centos de balóns. Centos de persoas asistiron ó concerto.
Frases feitas
-
Cen por cento. Por completo. Ex: O terremoto arrasou o cen por cento da poboación. A atleta declarou que aínda non acadou o cen por cento do seu rendemento.
-
Por cento. Expresión que indica unha porcentaxe. OBS: Vai precedida dun número ou, ás veces, de tanto (Ex: Xa recolleron o sesenta por cento da colleita. Sobre o prezo inicial o vendedor descóntache un tanto por cento). Normalmente, escríbese acompañada do signo