Centinela, El

Centinela, El

Publicación de tendencia católica agraria editada dende xaneiro de 1912 ata maio de 1914 en Chantada. Subtitulada “Semanario chantadino independiente”, definíase como “Independiente, defensor de los que rezan, trabajan y pagan”. Editárona o director, Lorenzo Vázquez Macedo, e os redactores Julio Pérez de Guerra e Marcial Cereijo. Incluía temas de carácter agrario, relixioso e relacionados coa emigración, e informaba sobre as actividades de Acción Gallega. Posuía unha sección denominada “Municipalerías” e no número 40 inseriu un “Catecismo Municipal”, semellante ao Catecismo do Labrego de Lamas Carvajal. A presenza do galego limitábase a algunha colaboración de Avelino Gómez Ledo.