"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
-
Relativo ou pertencente ás sarraceniáceas.
-
Planta da familia das sarraceniáceas.
-
Familia de plantas herbáceas carnívoras, da orde das nepentais, propias de terreos pantanosos, coas follas transformadas en ascidios, de flores basicamente pentámeras e de froitos capsulares. É unha familia exclusivamente americana á que pertencen dous únicos xéneros Sarracenia e Darlingtonia.
-
-
PERSOEIRO
Matemático e historiador. Profesor da University of Harvard (1940-1951), publicou Introdution to the History of Science (1927-1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista e compositor. Herdeiro da dobre escola de N. Rubinstein e F. Liszt, foi un dos grandes pianistas do seu tempo. Compuxo dúas sonatas, un concerto e estudos para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Canteiro. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Vigo e en Madrid. Estivo implicado no levantamento republicano de Juan B. Topete (1868) e foi deportado a Orán. Cofundador do Casino de Camposancos, traballou na Biblioteca e no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra, na torre da igrexa de San Pedro de Burgueira (Oia) e, na Guarda, no convento de Carmelitas e nos palacetes de Eloy Domínguez e da familia Candeira, no Centro Sanitario, convertido no Centro Socio-Cultural, e na Casa das Torres en Camposancos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político inglés, I marqués de Halifax. Foi membro do consello privado de Carlos II e opúxose á persecución dos católicos e á exclusión (1679-1680) do duque de York, o futuro Xaime II, da sucesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e mariño, duque dos Abruzos (1890), fillo de Amadeo I de España. Viaxou ao Ártico (1899) e a África ecuatorial (1906). Desde 1919 colonizou Somalia, onde fundou a colonia agrícola de Villaggio Duca degli Abruzzi.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás saxifragáceas.
-
Planta da familia das saxifragáceas.
-
Familia de plantas, da orde das rosais, constituída por especies herbáceas perennes e raramente leñosas, con follas alternas, enteiras ou divididas. As flores son actinomorfas, hermafroditas e xeralmente pentámeras, e os seus froitos en cápsula, en folículo ou en baga. Habitan sobre todo nos países temperados do hemisferio norte e de América do Sur. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
PERSOEIRO
Físico. Graduouse na University of Toronto. Na Columbia University, e en colaboración con H. Townes fixo achegas importantes sobre microondas e espectroscopia con microondas e láseres, a supercondutividade e a electrónica cuántica. En 1981 recibiu o Premio Nobel de Física, compartido con L. M. Siegbahn e N. Bloembergen, pola súa contribución ao desenvolvemento da espectroscopia láser.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou os poemarios Étincelles (1928), Poésies I (1938), Poésies II (1948), Poésies III (1949) e Si tu rencontres un ramier, ademais da novela Rodogune Sinne (1947), pero destacou como autor dramático, con obras como Monsieur Bob’le (1951), Les Violettes (1960), Le Voyage (1961) ou L’habit fait le prince (1973). Recibiu o Premier Grand Prix de la Francophonie (1987) por Le Nageur d’un Seul Amour (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Traballou en economía agraria. Das súas obras destacan Transforming Traditional Agriculture (1964) e Economic Growth and Agriculture (1968). En 1979 recibiu o Premio Nobel de Economía, xunto con A. Lewis, por sinalar a grande importancia dos problemas da pobreza no mundo e pola busca de solucións ao problema do desenvolvemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista alemán. Foi profesor en Berlín, Lovaina e Liexa. Creador da teoría celular, expuxo a súa idea da célula como elemento primordial na constitución de animais e vexetais, nunha serie de Mikroskopische Untersuchungen. Investigou tamén sobre os nervios (célula de Schwann), a fisioloxía da dixestión e o movemento muscular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema referido a unha función real f de dúas variables reais, f: O2 DO, que afirma que se existen as derivadas primeiras -f/-x e -f/-y nun contorno U dun punto (x0,y0), e existe a derivada segunda -2f/-x-y e é continua no punto (x0,y0), entón existe a derivada segunda -2f/-y-x no punto (x0,y0) e satisfaise que [-2f/-x-y](x0,y0) = [-2f/-y-x](x0,y0). O teorema de Schwarz é unha simplificación do teorema de Bonnet.
-
PERSOEIRO
Explorador e naturalista alemán. Viaxou polo continente africano, especialmente pola conca alta do Nilo, por encargo da Academia Prusiana de Ciencias (1869-1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. Centrado en describir a sociedade siciliana e os mecanismos de poder en Italia, escribiu os ensaios Pirandello e la Sicilia (1961), A futura memoria (1989), Le parrocchie di Regalpetra (1956) ou L’affaire Moro (1978), narracións como Gli zii de Sicilia (1958), e novelas como Candido (1977), Il Cavaliere e la morte (1988) e Una storia simplice (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Destacou na interpretación de personaxes duros e desagradables. Destacan os filmes Anatomy of a Murder (1959), The Hustler (1961), Petulia (1967), Patton (1969, Oscar ao mellor actor en 1970), Islands in the Stream (1977) e The Exorcist III (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto inglés. Adscrito ao historicismo gótico, das súas obras destacan a Martyrs’ Chapel en Oxford (1841), a casa do concello, o palacio do senado e a estación de Hamburgo, o cárcere de Reading (1842) e o monumento ao príncipe Alberte en Hyde Park (Londres).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés, irmán de Madeleine de Scudéry. Foi autor de numerosas obras teatrais e de escritos contra Le Cid de Corneille durante a polémica de 1637. Publicou a novela Almahida (1660-1663) e outras en colaboración coa súa irmá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Formouse nas universidades californianas de UCLA e Berkeley. Foi asistente de G. N. Lewis e dirixiu as investigacións sobre química nuclear no Lawrence Radiation Laboratory, e desenvolveu as investigacións sobre o plutonio do Proxecto Manhattan na University of Chicago. En 1940 descubriu o plutonio (con E. M. McMillan) e estableceu como obtelo nun reactor de uranio. Tamén descubriu o americio, o curio, o berkelio, o californio, o einstenio, o fermio, o mendelevio, o nobelio e o unnilhexio. En 1951 recibiu, xunto con McMillan, o Premio Nobel de Química, polos seus descubrimentos na química dos transuránidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente ao sebo.
-
Que ten a aparencia do sebo ou que é da súa natureza.
-
-
Que segregan sebo.
-
Aplícase ás glándulas que segregan sebo.
-
-
PERSOEIRO
Poeta e diplomático. Coñecido como Iorgos Seferis, en 1931 deuse a coñecer cun libro de poemas influído polo simbolismo e o hermetismo. Cónsul en Londres, publicou Mithistórima (1935), Diario de abordo (I-II e o III, dedicado á illa de Chipre) e, postumamente, Diario (1975-1978). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1963.
VER O DETALLE DO TERMO