Seaborg, Glenn Theodore

Seaborg, Glenn Theodore

Químico estadounidense. Formouse nas universidades californianas de UCLA e Berkeley. Foi asistente de G. N. Lewis e dirixiu as investigacións sobre química nuclear no Lawrence Radiation Laboratory, e desenvolveu as investigacións sobre o plutonio do Proxecto Manhattan na University of Chicago. En 1940 descubriu o plutonio (con E. M. McMillan) e estableceu como obtelo nun reactor de uranio. Tamén descubriu o americio, o curio, o berkelio, o californio, o einstenio, o fermio, o mendelevio, o nobelio e o unnilhexio. En 1951 recibiu, xunto con McMillan, o Premio Nobel de Química, polos seus descubrimentos na química dos transuránidos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ishpeming, Michigan

  • Deceso

    Lugar : Lafayette, California