"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Unión das Cordilleras Central e Oriental nos Andes, situada ao S do Nudo de Pasto, xa dentro do territorio de Ecuador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado ao N das parroquias de Labrada e Montouto (Abadín). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Oleiros situada na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de realzar.

    2. Adorno que sobresae da superficie dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na aba N do Teide (33.438 h [2001]). É a fusión dos pobos El Realejo Alto e El Realejo Bajo. Destacan os cultivos de plátanos, tabaco e froitas e gandaría bovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou condición de rei ou de raíña.

    2. Calidade de maxestoso ou magnificencia semellante á que rodea a un rei ou a unha raíña.

    3. Conxunto das persoas que pertencen a unha ou varias familias reais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de arsénico, de fórmula AsS, que cristaliza no sistema monoclínico en cristais, a miúdo en prismas curtos e tamén granulares ou en incrustacións. A dureza é de 1,5-2 e a densidade de 3,58. De cor entre vermella e alaranxada, ten un brillo resinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Todo o que ocorre ou existe verdadeiramente.

    2. Calidade de real.

    3. Técnica de simulación de representación de escenas ou imaxes mediante un sistema informático, que produce a sensación de estar nunha situación real na que se interactúa co medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo fundado en marzo de 1980 por intelectuais e persoeiros galeguistas, despois de que no proxecto presentado ao presidente da Xunta Preautonómica aparecesen diversas disposicións que limitaban as competencias autonómicas respecto ao estado central. Defenderon que Galicia obtivese un Estatuto de Autonomía en igualdade de condicións coas outras nacionalidades históricas. O grupo contaba entre os seus membros con Domingo García-Sabell, G. Fernández Albor e Ramón Piñeiro López.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • retroalimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina ou opinión favorable á monarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de realista.

    2. Exactitude na maneira de representar a realidade.

      1. Actitude estilística que procura elaborar formas artísticas con adecuación aos aspectos da realidade. Este termo adoita utilizarse para definir os movementos artísticos de diferentes períodos históricos, como a arte grega do s V, os retratos romanos de época imperial, o naturalismo gótico, o Catrocentos florentino e flamengo, Caravaggio, a pintura castelá, francesa e holandesa do s XVII ou os pintores napoleónicos. En sentido estrito, designou a corrente artística, especialmente pitórica e literaria, de mediados do s XIX que se caracteriza por querer representar as cousas tal e como son na realidade, sen embelecelas. Nacido en Francia, estendeuse por Europa e tivo como consecuencia o impresionismo. Os principais representantes foron G. Courbet, H. Daumier, J. F. Millet, C. de Groux, A. von Menzel, os artistas da escola da Haia, I. S. Repin e, en escultura, C. Meunier. A poética do realismo deixou pouso no impresionismo, pero foi retomada sobre todo pola estética marxista, co realismo socialista....

      2. realismo máxico

        Corrente pictórica do s XX que se caracteriza por representar cunha gran minuciosidade os obxectos da vida cotiá, tan xustapostos que dan impresión de inquietude e de irrealidade, cunha técnica de pincelada plana. Coñecido tamén como postexpresionismo, iniciouse cara a 1920 coa obra de G. De Chirico, a segunda etapa de produción de C. Carrá e o grupo Valori Plastici, e foi continuado por Roy e R. Magritte e por P. Delvaux, O. Dix e Balthus. Durante as décadas de 1930 e 1940, desenvolveuse cunha gran forza en EE UU.

      1. Doutrina estética que se basea na descrición obxectiva da realidade, tal e como se pode localizar en determinadas obras literarias e artísticas, sen concesións ao embelecemento ou á idealización. En literatura, xurdiu cara a 1850 como unha reacción contra os excesos da novela romántica e co tempo chegou a constituír unha escola, definida en Francia e irradiada sen interrupcións ata os tempos máis modernos. Os antecedentes están na novela picaresca e na novela sentimental do s XVIII, aínda que é cos románticos como o realismo se abre camiño, co propósito de describir unha sociedade, onde destacou por exemplo Balzac. Despois de 1850, a difusión do positivismo e o progreso das ciencias naturais influíron nos escritores, que tomaron unha actitude de rigorosa observación e que formularon un problema de escola. A fronteira entre realismo e naturalismo, que se iniciou cara a 1880, foi sempre pouco concreta. A literatura francesa define como realistas a G. Flaubert e A. Daudet. A novela realista...

      2. realismo máxico

        Corrente literaria, propia da literatura hispanoamericana da segunda metade do s XX, que pretende fundir a realidade narrativa con elementos fantásticos ou fabulosos. Ademais dos escritores Miguel Ángel Asturias, Alejo Carpentier, Julio Cortázar, Carlos Fuentes e Mario Vargas Llosa, destaca Gabriel García Márquez, autor de Cien años de soledad (1967). Á marxe dos escritores hispanoamericanos, destaca a obra dos autores europeos Italo Calvino, Milan Kundera ou Salman Rushdie.

      1. Doutrina metafísica, oposta ao nominalismo, segundo a que os universais (os xéneros e as especies) existen como esencias, en parte non redutibles aos conceptos intelectuais e aos termos de que son expresión. No s XII Guillermo de Champeaux defendeu, en fronte de Roscelin e de Pedro Abelardo, un realismo extremo, mentres que Tomé de Aquino, estableceu un realismo moderado, para volver radicalizarse no formalismo de John Duns Escoto nos inicios do s XIV.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao realismo ou aos realistas.

      2. Partidario ou seguidor do realismo ou dos realistas.

    1. Defensor do Antigo Réxime e, polo tanto, contrario á Constitución de Cádiz e á soberanía popular. Tamén foron chamados absolutistas. Tras a insurrección contra o réxime constitucional (Rexencia de Urgell, 1822) forneceron a base social do carlismo. OBS: Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao realismo.

      2. Seguidor do realismo.

    1. Que describe ou representa a realidade.

    2. Que considera as cousas tal e como son en realidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no N da parroquia de Cangues (O Irixo). O seu cumio acada os 687 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode realizar.

    2. Aplícase ao elemento do activo que pode converterse en recurso líquido, xa sexa directamente, ou despois dun proceso de manufactura. O primeiro denomínase realizable certo, e inclúe créditos a curto termo ou letras, e o segundo é o realizable condicionado, porque só é convertible en dispoñibilidades despois dun proceso de manufactura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de realizar ou de realizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen realiza.

    2. Persoa que dirixe un filme ou un programa de radio ou televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer ou levar a cabo unha acción.

    2. Dirixir a execución dunha película ou dun programa radiofónico ou televisivo.

    3. Converter mercadorías, valores de crédito ou calquera outra especie de ben ou dereito en diñeiro.

    4. Facerse real algo.

    5. Acadar unha persoa o desenvolvemento completo e satisfactorio das propias posibilidades e aspiracións.

    VER O DETALLE DO TERMO