realgar

realgar

(< ár rahǧal-gār ‘po da mina’)

s m [MINERAL]

Sulfuro de arsénico, de fórmula AsS, que cristaliza no sistema monoclínico en cristais, a miúdo en prismas curtos e tamén granulares ou en incrustacións. A dureza é de 1,5-2 e a densidade de 3,58. De cor entre vermella e alaranxada, ten un brillo resinoso.

Palabras veciñas

realce | Realejos, Los | realeza | realgar | realidade | Realidade Galega | realimentación