"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
-
Establecer a paz nun lugar ou entre persoas que estaban en guerra ou en desconcordia.
-
olver a un estado de tranquilidade ou calma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa estadounidense dedicada á fabricación de automóbiles de luxo, constituída en Detroit a partir da New York and Ohio Corporation de Warren (Ohio), pouco tempo despois da súa fundación en 1899, e que xa fabricaba a marca Packard. En 1915 construíu o primeiro motor de doce cilindros para automóbiles de serie de EE UU. Pechou en 1958.
-
PERSOEIRO
Xurista e político. Lincenciado en Dereito. Membro do Corpo Xurídico Militar e coronel auditor, foi vogal e presidente do Comité de Dereitos e Garantías do PP de Galicia, vogal do Consejo General del Poder Judicial e deputado no Congreso de los Diputados desde 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Padrón. Construído no s XVIII en estilo neoclásico grazas a unha doazón do bispo de Quito Alonso da Peña, foi inaugurado en 1752 e pertenceu aos Carmelitas Descalzos ata o s XX, cando pasou a mans dos dominicanos. Destaca o seu emprazamento a grande altura e a terraza que o rodea. Na base do conxunto sitúase unha fonte de finais do s XVIII.
-
PERSOEIRO
Político e militar. Ministro de Finanzas (1911) e embaixador en Berlín (1913), cando chegou ao poder instaurou a República Nova (1917). Foi presidente da República de Portugal (1918) e desenvolveu un notable saneamento político e económico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Catedrático de Física Teórica, foi o primeiro decano da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, e despois foi reitor da mesma institución (1984-1990). Investigou no campo da física teórica e das partículas elementais, propiciou a expansión da universidade e fomentou a normalización lingüística do galego. Con máis de 150 artigos publicados, das súas obras destacan La nueva física (1975), Introdución a las interacciones fuertes (1977), De lo más pequeño a lo más grande del universo (1996) e Introdución a la Física (2001). Recibiu o Premio da Divulgación Científica da Xunta de Galicia (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carst fósil, recuberto ou non de sedimentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga das palilleiras que designa o ruído que fan as palilleiras ao mover os palillos. As lendas contan que este son atraía aos barcos contra a costa pedregosa.
-
GALICIA
Historiadora. Doutorouse en Historia e é catedrática de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. Investigou sobre a presenza monástica en Galicia e sobre a mentalidade colectiva e o papel da muller na evolución histórica. Das súas obras destacan El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia Medieval (1979), A Vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500) (1993) e Ilduara, una aristócrata del siglo X (1998), e con Ermelindo Portela Silva El Bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII: economía agraria y estrutura social (1971), Galicia na época medieval (1991) e De Galicia en la Edad Media, sociedad, espacio, y poder (1993). Recibiu o premio de Investigación da Xunta de Galicia (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Considerado o autor romántico máis representativo de Perú, a súa obra caracterízase pola presentación de situacións pintorescas tratadas con picardía e sátira. Foi director da Biblioteca Nacional de Lima (1884-1912), da que reconstruíu parte do arquivo, saqueado polos chilenos na guerra. Da súa obra destacan Poesía (1855), Verbos y gerundios (1877), La Bohemia de mi tiempo (1886) e Cachivaches (1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Participou na súa mocidade nas actividades políticas e culturais do movemento galeguista da capital arxentina. Cofundador do grupo Alén-Mar (1959), foi elixido secretario da Irmandade Galega (1964) e creou o Centro de Información Galega (1965) para impulsar o uso litúrxico do idioma galego na Igrexa católica. Publicou Pelerinaxe (1965), unha tradución ao galego de Castelao na arte galega (1966), Castelao na voz dos poetas (1970), en colaboración con X. Alonso Montero e Epifanio Ramos; Castelao: prosa do exilio (1976), A emigración galega na Arxentina (1978), a tradución de Vinte poemas galeses: séculos XVII ao XX (1988) e 4 notas sobre Luís Seoane: cun apéndice fotográfico (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Foi asesor xurídico da Semana Verde de Galicia (1982-1991) e secretario xeral letrado da Fundación Semana Verde de Galicia (1991-1996). Elixido deputado no Parlamento de Galicia desde 1989, foi conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (1996-1999) e presidiu, entre 1996 e 1998, a Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA). É secretario xeral do PP de Galicia desde 1999 e conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local desde 2003. Recibiu a Cruz de Honor de San Raimundo de Peñafort (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación das tres capas do corazón, o endocardio, o mesocardio e o pericardio.
-
-
-
Pergameo que contén copiados diferentes documentos, sobre todo os documentos reais mediante os que o soberano restituía os títulos de propiedade perdidos ou destruídos, a petición do interesado.
-
Bula pontificia dos ss XI-XII que incluía e confirmaba os bens dun mosteiro ou dunha igrexa.
-
-
Cartel grande de papel, cartón ou doutro material que, sostido adecuadamente paus, cordas ou outro sistema, se exhibe nalgún lugar, nunha manifestación ou noutro acto público, con letreiros de grandes caracteres, con lemas, anuncios, peticións, desexos ou reivindicacións.
-
-
GALICIA
Escritora e profesora. Publicou numerosos relatos e ensaios literarios en diversas publicacións, como Andaina, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo e Festa da Palabra Silenciada. Da súa produción destacan o libro de relatos curtos Diario do mimo (1989), que se dividiu en “Contos” e “Caderno inédito”, e en que se analizan dun xeito intimista un conxunto de historias moi suxestivas; o ensaio “Códice Calixtino” de Luz Pozo (1992) e A Casa de Limpias (1994), ademais de participar no volume colectivo Castelao: 1886-1986 (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagoga francesa. Seguidora da obra de F. W. Fröbel, foi pioneira da escola maternal francesa, dirixiu un asilo para nenos e a École Normale Maternelle de París. A súa pedagoxía baseábase na educación dos sentidos, o amor e a educación moral, e propugnaba que os centros de beneficencia deberían transformarse en centros de educación. Escribiu Conseils sur la direction des salles d’asile (1846), Enseignement pratique dans les écoles maternelles ou premières leçons à donner aux petits enfants (1849), Histoire et leçons de choses pour les enfants (1860) e Cours d’éducation et d’instrution primaire (1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudou na Real Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla. Evolucionou desde o academicismo, influenciado pola súa estadía andaluza a un estilo marcado polo coñecemento da arte grotesca e, posteriormente, a unha figuración simbolista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e artista chilena. Coñecida como Violeta Parra e de familia humilde, aos doce anos compuxo as súas primeiras melodías. Desde 1952 dedicouse a percorrer zonas rurais para recompilar e gravar música folclórica. Coas súas melodías, de profundo contido humano, conseguiu redescubrir aspectos da cultura popular e borrar algunhas das visións estereotipadas de América Latina. En 1954 viaxou por Europa, onde gravou diversos discos, nunha viaxe que repetiu en 1961, desta volta acompañada dos seus fillos e cos que ofreceu diversos recitais, entre outros, na UNESCO. Iniciada no mundo da pintura, especialmente o óleo, fundou e dirixiu o Museo de Arte Popular de Concepción e foi a primeira artista sudamericana en expoñer individualmente no Museé Des Arts Décoratifs Palais du Louvre (1964). Recibiu o Premio Caupolicán como mellor folclorista (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formación de froito sen fecundación previa dos primordios seminais, que non se transforman en sementes viables. O proceso de formación do froito é controlado pola auxina producida durante a polinización e, sobre todo, polas sementes en crecemento. Na partenocarpia natural a auxina ten outras orixes. Tamén pode ser inducida artificialmente mediante a aplicación de diversas fitohormonas e substancias químicas.