partenocarpia
partenocarpia
(
s
f
[FISIOL/AGR]
Formación de froito sen fecundación previa dos primordios seminais, que non se transforman en sementes viables. O proceso de formación do froito é controlado pola auxina producida durante a polinización e, sobre todo, polas sementes en crecemento. Na partenocarpia natural a auxina ten outras orixes. Tamén pode ser inducida artificialmente mediante a aplicación de diversas fitohormonas e substancias químicas.