partenocarpia

partenocarpia

(

s f [FISIOL/AGR]

Formación de froito sen fecundación previa dos primordios seminais, que non se transforman en sementes viables. O proceso de formación do froito é controlado pola auxina producida durante a polinización e, sobre todo, polas sementes en crecemento. Na partenocarpia natural a auxina ten outras orixes. Tamén pode ser inducida artificialmente mediante a aplicación de diversas fitohormonas e substancias químicas.

Palabras veciñas

Parteme, bruñal de | partenia | parteno- | partenocarpia | partenocárpico -ca | Partenón | Parténope