"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

    1. Leña que se bota ao forno ou á lareira cando xa están acesos.

    2. Corrente de aire quente que sae do forno cando se abre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘querer’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Toldaos (Triacastela). O seu cumio acada os 893 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta da familia das ericáceas, especialmente dos xéneros Calluna, Daboecia e Erica. Adoitan ser pequenas, con follas simples e perennes, flores actinomorfas e froito en baga ou en cápsula.

      2. queiroa das brañas [Erica tetralix, Fam das ericáceas]

        Arbusto, de ata 70 cm de altura, con follas oblongo-lineares e verticiladas, e flores en umbelas rosáceas. Florecen entre maio e outubro en zonas de brañas e piñeirais.

      3. queiroa de tres follas [Erica cinerea, Fam das ericáceas]

        Arbusto pequeno, de ata 70 cm de altura, con follas sen pelos, lineares e en verticilos de 3, flores tetrámeras dispostas en acios, violáceas ou rosadas e froito capsular. Florece entre maio e setembro, e pode atoparse nas zonas de breixo e turbeiras. Distribúese por todo o O de Europa, e en toda Galicia.

      4. queiroa de umbela [Erica umbellata, Fam das ericáceas]

        Pequeno arbusto, de ata 50 cm de altura, con follas lineares, en verticilos de 3, flores tetrámeras en umbelas de 3-6 flores e froito capsular. Florece entre febreiro e xullo, e pode atoparse en breixos e en sotobosque de piñeirais, en toda a metade O da Península Ibérica.

      5. queiroa maior [Daboecia cantabrica, Fam das ericáceas]

        Planta arbustiva, de ata 50 cm de altura, con follas lanceoladas e pecioladas, pilosas pola face verde e tomentosas e esbrancuxado polo envés, flores purpúreas, tetrámeras dispostas en acios terminais e froito capsular. Florece entre xuño e outubro. É endémica na zona O de Europa, desde o N de Portugal ata o O de Irlanda, e está presente en toda Galicia.

      6. queiroa veluda [Erica australis, Fam das ericáceas]

        Planta arbustiva, de ata 2 m de altura, con follas lineares en verticilos de 4 e flores en grupos de 4 a 8. Florece entre febreiro e agosto, en case toda Galicia, a excepción das zonas baixas.

    1. Planta herbácea perenne, con talos deitados de ata 40 cm, follas de 2-5 mm, lineares, pilosas polo envés e sen pelos pola face, flores solitarias ou en pequenos acios, pentámeras brancas ou rosáceas, e froito dehiscente capsular. Florece no verán, entre xullo e agosto, e pode atoparse en zonas litorais e marxas mariñas. Distribúese polo O de Europa, e tamén está presente en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Allariz baixo a advocación de san Breixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde abundan as queiroas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos queirogaleidos.

    2. Primate da familia dos queirogaleidos.

    3. Familia de primates prosimios, do grupo dos lemuroideos, duns 12-30 cm de lonxitude, de forma esvelta, cabeza arredondada, fociño alongado, rabo longo e peludo e extremidades posteriores adaptadas ao salto. Son nocturnos, arborícolas, pouco gregarios e preferentemente herbívoros. Habitan nos bosques de Madagascar e durante o estío caen en letargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘vello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae por armas escudo partido: un, en campo de goles, unha torre de pedra, sumada dunha aguia de sable; dous, en campo de azul, cinco ferros de lanza de prata, colocados en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista portugués. Vinculado ás orixes da moderna literatura portuguesa e do socialismo portugués, a súa obra amosa unha etapa realista -influído por Proudhon, Renan, Feuerbach, Comte e Flaubert- en novelas como O Crime do Padre Amaro (1875), O primo Basílio (1878) e Os Maias (1888), a súa obra máis destacada. A partir de O Mandarim (1880) evolucionou cara a posicións próximas ao modernismo, que reflectiu en A Relíquia (1887) e Correspondência de Fraquide Mendes (1900). En A cidade e as serras (1901) insinuou un retorno á terra natal, lonxe da vida cosmopolita que levou como diplomático. Escribiu tamén numerosos ensaios, impresións de viaxes, crítica literaria e un abundante epistolario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante portugués. Estivo ao servizo da Coroa de Castela e participou na expedición de Álvaro de Mendaña ás illas Salomón e Filipinas (1595). En 1605, con tres barcos que lle proporcionou o vicerrei de Perú, navegou cara ao O, cara á mítica terra australiana. Obrigado a virar pola súa tripulación, descubriu a illa de Espíritu Santo (Novas Hébridas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Porto do Son baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, unha banda de sable, acompañada no alto de tres flores de lis de azul, ben ordenadas e no baixo de tres faixas ondadas, de azul e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Verín baixo a advocación de san Bartolomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresión de dor ou pena.

    2. Expresión de disconformidade, desgusto ou enfado.

    3. Motivo para queixarse.

    VER O DETALLE DO TERMO