queixa

queixa

(< queixar)

  1. s f

    Expresión de dor ou pena.

    Ex: Oïamos as súas queixas pola dor.

    Sinónimos: laído, laio, queixume.
  2. s f

    Expresión de disconformidade, desgusto ou enfado.

    Ex: Presentou unha queixa.

    Confrontacións: reclamación.
  3. s f

    Motivo para queixarse.

    Ex: Non teño queixa do trato.

Refráns

  • Dis a túa pena a quen non lle apena e quéixaste a nai allea.
  • Máis vale boa queixa que mala paga.
  • Non digas ¡ai!, que deshonras a teu pai.
  • O delicado, pouco mal pero ben laiado.
  • O que lle doe, que se queixe.
  • O que se laia e non come nin sonea, logo dá os fíos á tea.
  • Pouco mal e ben laiado logo se sente aliviado.
  • Quen di ¡ai!, moi mal lle vai.
  • Quen ten a nai na vila, sete veces se queixa Ao día.
  • Se non queres oír queixas ¿por que me deixas?
  • ¡Ai,ai, que me queixo e non teño ningún mal!
  • ¡POUCO mal e ben queixado!

Palabras veciñas

Queiruga | Queiruga | Queirugás | queixa | Queixa | Queixa, serra de | 1 queixada