reclamación

reclamación

(

  1. s f

    Acción de reclamar.

  2. [DER]
    1. s f

      Protesta ou queixa que se presenta por unha inxustiza sufrida ou por unha irregularidade que pode ser prexudicial, para esixir a reparación.

    2. s f

      Documento onde consta a queixa.

    3. s f

      Petición que fai o xuíz competente para coñecer unha cousa que outro xuíz retén indebidamente.

    4. s f

      Citación dun prófugo ou dun rebelde feita pola autoridade.

    5. reclamación de cantidade

      Esixencia xudicial de satisfacer unha obriga pecuniaria incumprida.

    6. reclamación económico-administrativa

      Impugnación por vía administrativa dos actos da administración, ditados na xestión, inspección e recadación de tributos, exaccións fiscais e, en xeral, de todos os ingresos de dereito público do estado, da administración local ou institucional, as pensións e os dereitos pasivos.

    7. reclamación previa

      Reclamación administrativa que cómpre formular como requisito previo ante a xurisdición civil ou laboral de toda clase de accións contra a Administración Pública.