"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formado na École des Beaux-Arts de París (1878-1880), estudou a teoría do contraste simultáneo das cores de Michel-Eugène Chevreul, que tratou de aplicar á pintura, e creou o neoimpresionismo. A súa obra La Baignade à Asnières, rexeitada no Salon de 1884, provocou a fundación do Salon des Indépendents. Destacan Un dimanche après-midi à l’ille de la Grande Jatte (1884-1886) e Le cirque.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e ensaísta. Nado nunha familia anglicana irlandesa, foi un autodidacta. En 1884 entrou na Fabiam Society, e despois de traballar como crítico literario e teatral, en 1895 iniciou a súa carreira de dramaturgo. Admirador de H. Ibsen, a súa primeira obra teatral, Widowers’Houses (1982) pódese considerar plenamente ibseniana e preludio das súas Unpleasant Plays. Escribiu as Pleasant Plays, a máis famosa das cales é Candida (1985). As súas pezas posteriores caracterízanse pola crítica social, como The Devil’s Disciple (incluída en Three Plays for Puritans, 1901) Man and Superman (1903), Pygmalion (1913) e Saint Joan (1923). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1925.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e paleógrafo. Aplicou o método paleográfico á crítica de documentos, polo que é considerado o fundador da diplomática moderna. Escribiu Monumenta graphica medii aevi (1858-1882) e Acta regum et imperatorum Karolinorum (1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Luca Marineo.
-
-
Relativo ou pertencente ás siderocapsáceas.
-
Bacteria da familia das siderocapsáceas.
-
Familia de bacterias móbiles por flaxelación polar, Gram-negativas e sen espórulas con forma de bacilo curto. Son bacterias acuáticas, abundantes en augas ricas en ferro e magnesio.
-
-
PERSOEIRO
Físico francés. Xunto con P. A. Favre realizou as primeiras determinacións das calores de combustión das substancias orgánicas. Constatou a posibilidade de aplicar a galvanoplastia na reprodución de medallas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á sílice.
-
Que contén sílice.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás simarubáceas.
-
Planta da familia das simarubáceas.
-
Familia de plantas leñosas, da orde das sapindais, con follas xeralmente alternas e pinnaticompostas, flores pequenas, regulares, bisexuais ou unisexuais, tetrámeras ou pentámeras dispostas en acio, e froitos diversos, moitas veces alados. Consta de aproximadamente 200 especies, propias das rexións cálidas.
-
-
PERSOEIRO
Novelista belga. Desde 1928 cultivou a novela con diversos pseudónimos. Destacan as súas novelas policiais en que afondou na análise psicolóxica dos personaxes, dos que un dos máis populares foi o inspector Maigret, protagonista dunha longa serie con case 250 títulos, dos que destacan L’homme qui regardait passer les trains (1938), La neige était sale (1948) e Le train (1961). Publicou tamén Mémoires intimes (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do hebreo Shime’ôn, do verbo shamah ‘oír’, co significado de ‘Deus escoitou’, en agradecemento polo nacemento dun fillo longamente esperado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe bíblica. Segundo fillo de Xacob e Lea, epónimo da tribo de Simeón, que coa de Leví ocupaba orixinariamente Siquem e máis tarde o S de Palestina. A tribo, mestura de elementos cananeos, edomitas e hurritas, non tardou en ser absorbida pola de Xudá.
-
PERSOEIRO
Tsar dos búlgaros (893-927), fillo do príncipe Boris I. Sucedeu a seu irmán, o príncipe Vladimir I, e tomou o título de tsar. Admirador da cultura grega, reinou nun país de gran prosperidade comercial, contra a que atentaron uns editos do Emperador León VI. As reclamacións búlgaras non foron escoitadas e estalou a guerra, da que saíu vitorioso. Despois dun período de paz, en que floreceron as artes e as letras, ao morrer León VI continuou a guerra (912). O Emperador Constantino VII deulle o título de tsar e converteuse no seu tributario. Gobernou desde o mar Negro ata o Adriático, incluíndo a península Balcánica, Valaquia e parte de Transilvania.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar dos búlgaros (1943-1946), fillo do Rei Boris III. Ao ser proclamada a república no seu país, viuse obrigado a exiliarse. Viviu en España e en 1996 viaxou por primeira vez a Bulgaria. Liderou o Movemento Nacional Simeón II co que se converteu en primeiro ministro de Bulgaria (2001-2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Haxiógrafo bizantino. Coñecido como o Metafrasta, en tempos de Basilio II recolleu unha vasta serie de narracións haxiográficas e ordenounas de maneira cronolóxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Paflagonia 949 - Chrysopolis, Constantinopla 1022) Teólogo bizantino. A súa teoloxía recolleu a tradición mística bizantina centrada na deificación pola graza. Os Himnos valéronlle o nome de novo teólogo, por comparación co teólogo por antonomasia Gregorio Nacianceno. Venerado como santo pola igrexa ortodoxa, a súa festividade celébrase o 12 de marzo.
-
PERSOEIRO
Personaxe bíblica. Coñecido como o vello Simeón, segundo o Evanxeo de san Lucas recibiu ao Neno Xesús no templo de Xerusalén. Represéntase vestido de vello cun neno no colo. A súa festividade celébrase o 8 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Marcado polo pragmatismo, o relativismo e o subxectivismo, analizou as formas de socialización e insistiu na vida como categoría metafísica. Das súas obras destacan Über soziale Differenzierung (Sobre a diferenciación social, 1890), Soziologie. Untersuchungen über die Formen der Vergesellschaftung (Socioloxía. Estudos sobre as formas de socialización, 1908), Hauptprobleme der Philosophie (Problemas fundamentais da filosofía, 1910) e Lebensanschauung (A intuición da vida, 1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Paleontólogo. Describiu e nomeou os mamíferos fósiles de América do Sur. Estudou a evolución, a zooxeografía e a clasificación de mamíferos actuais e extinguidos, e os principios da clasificación biolóxica. Publicou Life of the Past (1953), Principles of Animal Taxonomy (1961) e Fossils and the History of Life (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que sucede ao mesmo tempo ca outra cousa.
-
-
Relativo ou pertencente ás sinopteridáceas.
-
Fento da familia das sinopteridáceas.
-
Familia de fentos, da división dos pteridófitos, á que pertencen os xéneros Cheilanthes e Notholaena.
-