Simeón I de Bulgaria o Grande
Simeón I de Bulgaria o Grande
Tsar dos búlgaros (893-927), fillo do príncipe Boris I. Sucedeu a seu irmán, o príncipe Vladimir I, e tomou o título de tsar. Admirador da cultura grega, reinou nun país de gran prosperidade comercial, contra a que atentaron uns editos do Emperador León VI. As reclamacións búlgaras non foron escoitadas e estalou a guerra, da que saíu vitorioso. Despois dun período de paz, en que floreceron as artes e as letras, ao morrer León VI continuou a guerra (912). O Emperador Constantino VII deulle o título de tsar e converteuse no seu tributario. Gobernou desde o mar Negro ata o Adriático, incluíndo a península Balcánica, Valaquia e parte de Transilvania.