"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

    1. Relativo ou pertencente aos laboulbeniais.

    2. Fungo da orde dos laboulbeniais.

    3. Orde de fungos ascomicetos que carecen de quitina e de micelio verdadeiro e teñen ascosporas bicelulares. Poden chegar a desenvolver un haustorio ou un rizomicelio. Son parasitos especializados dos insectos e desenvólvense sobre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político socialista evolucionista británico ligado institucional e financeiramente aos sindicatos desde a súa fundación en 1906. O seu programa foi un compromiso entre o socialismo de inspiración marxista e o pensamento social liberal. En 1924 formou o primeiro goberno, co apoio dos liberais, pero caeu o mesmo ano. En 1929 accedeu de novo ao goberno, pero sucumbiu ao embate da crise económica mundial e permaneceu na oposición ata 1940, cando entrou na coalición dirixida por W. Churchill. En 1945 obtivo a vitoria electoral cun programa de nacionalizacións, reconstrucións e amplas medidas sociais. Non obstante , en 1951, co seu programa case esgotado, perdeu o poder e non o recuperou ata 1964. Na oposición desde 1970, volveu ao goberno entre 1974 e 1979, cos primeiros ministros J. H. Wilson e L. J. Callaghan. En 1983 elixiuse un novo líder, N. Kinnock, que levou unha liña moderada. As desfeitas electorais de 1987 e 1992 provocaron a dimisión de Kinnock este último ano, e a súa substitución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido co pseudónimo de R. S. Lago, colaborou en diversas publicacións, como La Voz de Galicia, Faro de Vigo, O Correo Galego e Hidromel. Da súa produción cómpre salientar a triloxía inédita A vida é literatura e o poemario Fontanela (2000), en que amosa a súa sensibilidade cara á súa terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen goza moito coas lambonadas.

    2. Que ou quen come moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa de comer de sabor doce, como os caramelos ou os pasteis.

    2. Alimento de excelente sabor que habitualmente se toma fóra das comidas principais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse co seu avó, o pintor Filipe Bolaño, e traballou como policromador con Xosé Ferreiro. Destacou no dominio do debuxo. Entre as súas obras destacan as pinturas das portas da antesancristía de San Martiño Pinario, nas que representou as armas da Congregación de Valladolid e as alegorías da temperanza e a Igrexa triunfante, inspiradas en modelos italianos. Realizou tamén Xesús camiño do Calvario e Erección da cruz, situados no retablo maior da capela de San Froitoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo montado nos avións bombardeiros e cazabombardeiros destinado a lanzar bombas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello en forma de canón provisto dun foguete para lanzar a gran distancia unha guía ou cabo delgado para establecer a unión con terra ou outro buque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, escritor e músico francés. Estableceuse en Montpellier desde 1829, onde foi organista. Amigo de Mendelssohn e Schumann. Escribiu e ilustrou Souvenirs d’un voyage d’art à l’île de Majorque (1840).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de porcelana, cerámica vernizada ou outros materiais como o aceiro, cunha ou dúas billas, que se utiliza para asearse.

    2. Cuarto da casa destinao ao aseo persoal.

    3. Fonte situada nos claustros dos mosteiros en que os monxes lavaban as mans despois de xantar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Estudiou en París cos mestres Jules Massenet, Camille Saint-Saëns e F. M.A. Gobinet de Villecholes. Compuxo música de cámara, sinfónica e óperas. Da súa produción destaca a ópera La catalane.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célestin Nanteuil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un castelo de ouro, adestrado dunha vieira de goles, fileteada de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Trasmonte (Ames). Está formado por unha torre de planta cadrada dos ss XV-XVI no corpo máis estreito, á que se engadiu un corpo que lle dá ao conxunto a forma dun L. Consérvase un escudo do s XVIII. Ten capela, pombal e outras construcións adxectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Casa de Naia (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 513 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso limítrofe con Portugal que se estende polos concellos de Verea e Lobeira. A máxima altitude atópase no pico Codesal, que acada os 1.324 m. Nos seus montes destaca a presenza dun conxunto de mámoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha nogueira de sinople, afroitada de goles, e terrazado de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquitecta e escritora. É autora de El Balneario, la ciudad ensimismada (1994), A vida nos balnearios de Galicia (1996) e Vigo, puerto y destino: atlas urbanístico de Vigo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Pantano que se creou coa construción dunha presa sobre o leito do río Mao, situado na conca do Sil, no concello de Montederramo. Conta cunha praia fluvial.

    VER O DETALLE DO TERMO